Teresa Alvajar López, memoria de una republicana

Teresa Alvajar López, memoria de una republicana

"Xa ves que sigo coas miñas lecturas e practicando o meu idioma. Que pracer! Xa ves que intento recuperar a miña lingua, a que me arrebataron os "salvadores de España", criminais, o que fixeron de min". Así se expresaba Mª Teresa Alvajar en carta á editora destas memorias en 2008. Roubáronlle a lingua, afastárona da Terra, coa que segue a soñar cada noite: soña que volve a ela, que pasea polas rúas coruñesas e que chega á praza de María Pita desde onde olla para a xanela da oficina onde traballaba o pai. E cada mañá, despois desta viaxe arelada, esperta cansa e atristurada.

Tiña 15 anos cando partiu a Soria coa nai, poucos días antes da sublevación militar, para se reunir co pai, na altura gobernador na cidade castelá. Aquela data marcou para sempre a familia Alvajar López, que nunca máis se volvería encontrar xunta. Longo período de continua peregrinaxe: Soria, Madrid, Valencia,  Barcelona, un ano na Coruña, Vimoutiers, Montauban, Barcelona de novo, París, Girona, Madrid máis unha vez. A súa foi unha vida de sortear obstáculos, de facerlles fronte, de os superar. Nai de tres fillas e un fillo de dúas parellas, que abandonaron as súas responsabilidades, María Teresa Alvajar tivo moita coraxe, nun tempo en que as mulleres semella que tiñan que pedir permiso para vivir, para amar. Camiñante solitaria polo escuro bosque da incomprensión, do machismo imperante, moitas das circunstancias que atravesou son produto dun tempo en que o control da moralidade constituíu unha verdadeira obsesión para os franquistas." [Editorial]

Aurora Marco (ed.)  |  Santiago de Compostela  |  Laiovento  |  285 páxinas  |  2012
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez