Unión Libre nº13

A editorial do Castro ven de presentar o nº 13 da revista de pensamento e cultura Unión Libre. Esta nova achega está dedicada á represión franquista en Galicia, a través do testemuño de familiares de asasinados en 1936. Reproduce as intervencións que en 2007 se levaron a cabo no Curso de verán da Universidade de Santiago: "As vítimas do 36 en Galiza. Memoria e paz para sempre", dirixido por Claudio Rodríguez Fer. Entre os que interviron atopábanse o xa falecido Manuel Sarille, Juan Pérez-Carballo, sobriño de Francisco pérez Carballo e Juana Capdevielle, Esther Varela, neta de Casasres Quiroga, Rafael de Vega Fernández Crerspo, fillo do doutor Vega Barrera ou Elvira M Meilán autora dun libro sobre a figura de Francisco Lamas López, ex alcalde de Lugo.

Santiago de Compostela  |  Ediciós do Castro  |  nº13  |  2007
 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez