| Licenza
| Informes | 38% |
|---|---|
| Motivos políticos | 21% |
| Sancións | 17% |
| Delitos comúns | 6% |
| Bo/mal concepto | 5% |
| Motivos morais | 3% |
| Vida privada | 3% |
| Localización | 3% |
| Fuxidos | 2% |
| Motivos laborais | 1% |
| Masonaría | 1% |
| Falecidos | 0% |
| Presentación a autoridades | 26% |
|---|---|
| Prestación persoal | 23% |
| Económicas | 18% |
| Vixiancia | 17% |
| Chamadas de atención | 7% |
| Detencións | 4% |
| Incautación de bens | 3% |
| Despido/destitución | 2% |
O control social foi un elemento fundamental da eliminación física do “inimigo” e da eliminación dos compartimentos considerados “subversivos” polo novo poder.
Os motivos políticos convértense nunha das acusacións máis temidas para os cidadáns. Esta expresión no expediente podía supoñer penas de primeira orde, amais tendo en conta que baixo este “paraugas” estaba o simple feito de non ir a misa, pasado sindicalista ou pro-republicano. Así, por unha parte procedíase a dar exemplo coa imposición do medo, por outra a encher ao erario público duns fondos dos que andaba escaso e, coas dúas anteriores, a controlar á sociedade.
Da noite á mañá, a expresión pública converteuse nun delito. A consideración da actividade política foi traducida como unha actividade funcionarial, na que non existían as discrepancias nin os debates. A verdade era unha soa; a idea que animaba o Estado tamén. E os seus representantes.
Os que non se atopaban aí estaban fora. Non existían. Mesmo desaparecían. Todo en beneficio da construción da homoxeneidade do pensamento, da ausencia do diálogo, da creación e continuidade dunha Ditadura.

Proxecto "Nomes e Voces", Fondo Causas Terra 5044
Informe sobre os presos do cárcere municipal de Cangas

Proxecto "Nomes e Voces", Fondo Hermo Boo 2167
Manuel Hermo Vidal coa súa familia antes de ser fusilado

Proxecto "Nomes e Voces", Fondo Fraguela Rodríguez 2243
Recibo dunha multa por desafección ao movemento nacional, 1937