Vixiados. Represión, investigación e vixiancia na Galicia da Guerra Civil (1936-1939)

O control social: piar da ditadura

Entrevista Fondo 2311

| Licenza

Visita de Millán Astray e o Xeneral Moscardó a Compostela, 1937(?)

Visita de Millán Astray e o Xeneral Moscardó a Compostela, 1937(?) | Proxecto "Nomes e Voces", Fondo Dionisio Pereira 5032

Proxecto "Nomes e Voces", Fondo Mariña 5044

Carta de Ramón Vidal Ogando ao xuíz militar, apoiando ao seu irmán encausado

O control da retagarda desde agosto 1936 constituíu unha obsesión para as autoridades, por motivos obvios. Todo atopábase enfocado a un único obxectivo, necesario e imprescindible: gañar a guerra. As sucesivas remodelacións do sistema de vixilancia, o cambio de mandos e incluso as relacións do sistema de vixilancia e investigación co organigrama da seguridade interior dos nazis a partires de 1938 son boa proba disto. Galicia foi campo de experimentación de todo este proceso xa que xuntaba ao seu pronto control, zonas destacadas de elementos contrarios ao golpe, os primeiros fuxidos e fugas por mar. Ademais a existencia no seu territorio de cuarteis militares de referencia –coas sedes na Coruña da VIII División Militar de Terra e Ferrol do Departamento Marítimo do Cantábrico- cun número notable de soldados de reemprazo obrigaba a unha vixilancia especial nestas zonas ante o perigo dunha posible apertura dun fronte ás costas do rumbo dos sublevados. Neste obxectivo de vixilancia a unión dos militares cos vellos conservadores, falanxistas, e garda civil creou unha tupida rede de información na que todo o mundo era sospeitoso, sen excepción. Toda sociedade atopábase suxeita a vixilancia. Neste contexto é evidente que a rutina das delacións e o apoio de boa parte da sociedade civil a estas medidas e actitudes é fundamental. A sensación de normalidade era, tan só, aparente. Unha situación anormal que se converte de xeito forzado en cotián.

Emilio Grandío Seoane

Cadro de persoal das comisarías galegas inmediatamente antes das eleccións de febreiro de 1936

Emilio Grandío Seoane

Cadro de persoal das comisarías galegas o derradeiro mes de 1936

Emilio Grandío Seoane

Cadro de persoal da Comisaría de Investigación y Vigilancia Provincia da Coruña, en agosto de 1937

Confección de fichero de rojos e indeseables

Siendo preciso confeccionar un fichero de rojos e indeseables con la mayor urgencia, interesando filiación y mayor número de datos acerca de estos individuos, teniendo presente que dada la trascendencia de ello pudiera tener, se obre con la máxima prudencia, discreción y reserva, para evitar equivocaciones lamentables, procurando que estos datos sean lo más exactos y minuciosos posibles. Por tanto y para una labor eficaz, llevarás el orden siguiente:

 1º los rojos que hayan actuantes, con la mayor cantidad de datos y su situación actual de libertad vigilada o en cárcel etc.

 2º indeseables, aquella gente que sin una definida situación política, se aprovecha de los disturbios para sus fines inconfesables.

 3º extranjeros después de su liberación

 4º rojos simpatizantes, es decir aquellos que sin ser peligrosos por su actuación, sean enemigos de nuestro movimiento y se dediquen, a desprestigiarlo por medio de bulos, rumores, etc.

 Por este orden darás cuenta de las averiguaciones, que los jefes de casa de tu dependencia jerarquíca te vayan dando. Interesando una labor sensata, sin dejarse llevar por sencillas venganzas o pasiones aldeanas. Sino por hechos ciertos y verdaderos desprovistos de toda clase de bajezas. Espero te darás cuenta de la importancia que este asunto tiene y que por tratarse de una misión política de alto alcance, la cumplirás en plazo brevísimo.

 De las faltas que se observen en tu distrito tú responderás.

 Por Dios por España y por su Revolución nacional sindicalista.

 El Jefe

Sen data, en C 141-1, Arquivo Salvador de Madariaga, Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez