Vixiados. Represión, investigación e vixiancia na Galicia da Guerra Civil (1936-1939)

Construción do novo réxime: os apoios

Entrevista Fondo 2269

| Licenza

En Galicia, tralo trunfo dos sublevados en agosto de 1936, comezouse a construír o novo réxime político rompendo co pasado liberal e democrático, sobre todo coa democracia republicana. O obxectivo inicial común dos sublevados era rematar co goberno da FP, coa súa orientación progresista. Máis aquel golpe non tiña unha determinada cor política máis alá do seu grao de reacción ó cambio social e político. A diferenza co golpe de Sanjurjo de só catro anos antes fora sen dúbida a non implicación exclusiva da restauración monárquica. Todo podía ser construído, dende a óptica da reacción, no ‘Nuevo Estado’. A dirección militar inicial foi determinante neste proceso de construción. Esta tarefa levouse a cabo mediante unha estratexia intimidatoria, baseado nun clima de violencia extrema e o sostén de redes sociais de apoios coincidentes xeralmente cos sectores máis conservadores das sociedades locais. Nesta tarefa as accións e a presenza da igrexa católica e do partido único FET y de las JONS, aínda que non exclusivamente, serán clave. Disciplina e violencia, control e submisión, son elementos esenciais á hora de entender á nova España. O que comeza en Galicia e en todos os territorios gañados polos grupos militares sublevados converterase nunha realidade aplicable ao conxunto do territorio español tralo 1 de abril de 1939.

Entrevista Fondo 2284

| Licenza

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez