Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

Presentación do libro 'Álbum de Guerra'

O venres, 6 de xuño, ás 8 da tarde, na Galería Sargadelos, rúa da Oliva en Pontevedra, terá lugar a presentación do libro "Álbum de Guerra. Canteiros da Terra de Montes no exército popular da República".

Nesta publicación, un vello cenetista de Cerdedo, Roxelio Arca Rivas, amósanos toda unha colección de fotografías que Roxelio tomou coa súa cámara fotográfica na fronte de Madrid no ano 1937; estes negativos conservounos estes setenta anos nos que, con toda dignidade, tivo que sufrir a represión do réxime franquista. Non só conservou as fotos senón escritos que nos achegan ao horror daquela guerra.

Esta impagable documentación complétase cun documentado estudo do historiador Dionisio Pereira que enmarca a participación de moitos traballadores da Terra de Montes como milicianos do exército popular republicano.

A publicación, magnificamente editada pola Difusora de Letras, Artes e Ideas e a asociación Verbo Xido, constitúe un documento imprescindible na recuperación da memoria da guerra.

Sempre con Vós.Cidadanía pola Verdade de Pontevedra e Verbo Xido de Cerdedo, convidan a toda a cidadanía pontevedresa a asistir a este acto no que intervirá Dionisio Pereira e terá lugar a proxección de fotografías de Álbum de Guerra.

Unha rúa en Nigrán para Álvarez Blázquez

O acto de inauguración da rúa dedicada a Xosé María Álvarez Blázquez terá lugar finalmente o venres 30 de maio ás 20:00 horas. A rúa é mesmo enfronte do Cámping de Nigrán, oficialmente cámping de Praia América. A placa é un deseño de Berta Álvarez Cáccamo.

Ao remate do acto, nos locais do mesmo cámping terá lugar unha conferencia sobre Xosé María Álvarez Blázquez, pronunciada polos seus fillos Alfonso, Celso e Xosé María Álvarez Cáccamo.

| 27 de maio de 2008

Liña de subvencións da Consellaría de Cultura e Deporte para a Memoria Histórica

A Consellaría de Cultura publicou unha liña específica de subvencións para actividades a prol da recuperación da memoria histórica en Galiza. Contan cun orzamento de 100.000 euros e están destinadas a asociacións e institucións culturais, que teñen un prazo dun mes para solicitalas. Cada entidade pode obter ata 12.000 euros.

Estas subvencións teñen como obxectivo favorecer as accións de recuperación da memoria histórica tanto desde o ámbito da investigación como da homenaxe e da divulgación. Esta iniciativa pretende darlle un pulo aos proxectos que están a levar a cabo asociacións arredor da compilación dos nomes e dos espazos da represión, das voces dos represaliados ou dos arquivos onde se atopa a documentación que confirma o alcance dos acontecementos ocorridos en Galiza.

Ademais de valorar a relevancia socio-cultural e a continuidade no tempo do proxecto teranse en conta aquelas accións sobre investigación e homenaxe arredor das vítimas do golpe militar do 36 e da represión franquista, as que recollan testemuños orais tanto das vítimas como dos seus familiares, as que compilen documentación escrita, en versión orixinal ou en soporte dixital de documentos relativos ou aquelas que organicen cursos, congresos, seminarios e xornadas.

Así mesmo, tamén serán subvencionables as propostas que aludan ao recoñecemento de intelectuais, artistas e personalidades da cultura perseguidas, asasinadas ou exiliadas, as que recuperan a historia das mulleres vítimas da dictadura e as que fagan un estudo sobre os campos de concentración e sobre a participación dos galegos na Segunda Guerra Mundial. Outra das características que subliña a convocatoria céntrase na investigación do patrimonio histórico-artístico tanto o que foi incautado como o que se desenvolveu nos países de destino dos exiliados.

· Máis Información >>

| 20 de maio de 2008

Memoria e Letras Galegas en Cangas

O vindeiro sábado 17 de maio de 2008, ás 20 horas, terá lugar, no salón de plenos do Concello de Cangas, a proxección do documental:" CRÓNICA DA REPRESIÓN LINGÜÍSTICA NO FRANQUISMO", do autor Xan Leira.

O acto está organizado pola A.C. Memoria Hiostórica 28 de Agosto, coa colaboración do Concello de Cangas, e a presentación correrá da man de: Henrique Harguindey Banet(Profesor e Tradutor).

Presentación do libro `A Loita Permanente de Xoán Xesús González´

A Casa de Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis acolle o vindeiro venres 16 de maio a presentación do libro de Marcos Seixo `A Loita Permanente de Xoán Xesús González´.

A este evento, que se celebrará ás 20:15 horas, acudiran o autor, Dionísio Pereira (historiador) e Xosé Enrique Acuña (Editor de A Nosa Terra).

| 9 de maio de 2008
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez