Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
O vindeiro 13 de setembro celebrase o Acto de Homenaxe Nacional en Silleda a Antón Alonso Ríos. O acto terá lugar na súa casa natal ás 18.00 h. na Carballeira de Camporrapado, parroquia de Cortegada, Concello de Silleda.
O acto serve como presentación pública do Roteiro do Afranio, antesala polo tanto, da inauguración da exposición, prevista para finais de mes en Goián-Tomiño.
O vindeiro 13 de setembro celebrarase o Acto de Homenaxe Nacional en Silleda a Antón Alonso Ríos. O acto terá lugar na súa casa natal ás 18.00 h. na Carballeira de Camporrapado, parroquia de Cortegada, Concello de Silleda.
O acto serve como presentación pública do Roteiro do Afranio, antesala polo tanto, da inauguración da exposición, prevista para finais de mes en Goián-Tomiño.
A "Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36" está a desenvolver diferentes actividades nas que significan os lugares da memoria da represión franquista na ciddae olivica. Así, o vindeiro 15 de outubro colocará unha placa conmemorativa no cemiterio de Puxeiros como homenaxe ás asinadas e aos asasinados durante a guerra civil. A Asociación pon a disposición pública unha listaxe coa relación das vítimas, na procura de que calquera persoa que as recoñeza poidan acudir á homenaxe.
O vindeiro venres día 5 de setembro ás 22.00 h., proxéctase en Ameneiro, a mesma aldea de Calo onde naceu Enrique Liste Froján, Líster, o documental que Margarita Ledo realizou sobre a súa persoa, e que leva por título "Liste, pronunciado Líster".
O martes 2 de setembro, ás 20.30 h. da tarde será inaugurada na sala Antón Rivas Briones (rúa Rey Daviña, s/n) a exposición
'Vilagarcía, imaxes da memoria'.
A mostra componse de oito paneis temáticos nos que se expoñen fotografías, documentos e prensa sobre Vilagarcía desde principios do século 20 hasta finais da ditadura.
Realízanse distintas proxeccións de vídeo de material audiovisual recuperado como Vilagarcía e Cortegada a finais dos 20, o reflotamento
do barco Cabo Razo e unha regata de dornas dos anos cincoenta. Todas estas películas son inéditas.
A exposición inaugurarase coa participación do grupo vilagarcián 'Lusco Fusco', e permanecerá aberta até o 12 de setembro e en horarios de mañá e tarde.