Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

Fisterra acolle nestes días unha Homenaxe a Cipriano Fernández

O venres 30 de marzo ás 9 da noite comezan as xornadas de homenaxe a Cipriano Fernández, organizadas pola Comisión que naceu para lembrar a esta importante figura.

A apertura desta iniciativa correrá da man de Marcos Valcárcel, escritor, historiador e Académico da Real Academia Galega, quen impartirá a conferencia "Galicia 1900-1936: Unha Cultura comprometida coa identidade". Por outra banda, e despois da xornada do luns día 2 de abril, as actividades conmemorativas pecharánse o mércores 4 cun recital poético-musical no que participarán, entre outros, Miro Villar, Alexandre Nerium e Branca Villela.

| 30 de marzo de 2007

A asociación ´A Oliveira´ rememora a figura de Enrique Líster

"Enrique Lister: A longa viaxe dun home de Ameneiro" é o suxerente título do conxunto de actividades que a Asociación "A Oliveira" para a recuperación da Memoria Histórica e o Patrimonio Inmaterial organiza para os vindeiros días 13, 14 e 15 de abril.

O Hotel Congreso de Cacheiras será escenario dunha serie de conferencias e mesas redondas nas que participarán, entre outros, Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Villares, Carmina Líster, Enrique Líster, Eduardo Liste, Isaac Díaz Pardo, Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos Agrelo e Margarita Ledo Andión.

| 30 de marzo de 2007

O colectivo ´Fundación 10 de marzo´ homenaxea a Anxo Guerreiro Carreiras

A homenaxe centraráse nun acto que terá lugar ás 12 da mañá do sábado 14 de abril no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Intervirán, ademais do homenaxeado, Dolores Villarino Santiago, José Luis Méndez Romeu, Xosé A. Sánchez Bugallo, Xan María Castro Paz, Santiago Carrillo, Rafael Ribó e Nicolás Sartorius. O xantar, que se celebrará a partir das 2 e media da tarde, estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.

Fundación 10 de marzo | 30 de marzo de 2007

A Asemblea Republicana de Vigo pecha o programa do Ciclo ´II Xornadas Republicanas´

Aurora Marco, catedrática de Língua e Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, será a encargada de abrir ás II Xornadas Republicanas coa conferencia "As Mulleres na Guerrilla Antifranquista en Galicia". O evento terá lugar no Centro Cultural Caixanova, o martes 10 de abril, ás 8 da tarde.

A Asemblea Republicana de Vigo, organizadora deste segundo ciclo de conferencias, propon unha serie de xornadas nas que tamén participarán Antonio García-Trevijano, fundador da Junta Democrática, Ángeles Maestro, ex-deputada no Congreso, e Marc Carrillo, Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade Pompeu Fabra.

Asemblea Republicana de Vigo | 30 de marzo de 2007

A asociación ´A Oliveira´ rememora a figura de Enrique Líster

"Enrique Lister: A longa viaxe dun home de Ameneiro" é o suxerente título do conxunto de actividades que a Asociación "A Oliveira" para a recuperación da Memoria Histórica e o Patrimonio Inmaterial organiza para os vindeiros días 13, 14 e 15 de abril.

O Hotel Congreso de Cacheiras será escenario dunha serie de conferencias e mesas redondas nas que participarán, entre outros, Xosé Neira Vilas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ramón Villares, Carmina Líster, Enrique Líster, Eduardo Liste, Isaac Díaz Pardo, Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Axeitos Agrelo e Margarita Ledo Andión.

 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez