Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

Actividades da Memoria Histórica na Comarca de Ordes

A Consellería de Cultura e Deporte patrocina un novo evento do Ano da Memoria. Nesta ocasión, a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ordes organiza unha exposición, na que poderemos ver unha ampla mostra de fotografías, documentos, textos, simboloxía e libros relacionados coa Memoria Histórica na Comarca.

Asemade, os organizadores preséntannos un interesante ciclo de conferencias no que se profundizará sobre o tema da exposición.

O Programa de actos >>

| 15 de xaneiro de 2007

A Casa da Cultura de Cangas do Morrazo acolle a exposición ´A Illa da Memoria´ ata o 19 de xaneiro

A localidade de Cangas do Morrazo acolle a exposición de Antón Caeiro que leva por título "A Illa da Memoria" Estará aberta dende o 9 ata o 19 de xaneiro.

Ler Reportaxe >>

| 10 de xaneiro de 2007

O Congreso ´A Raia 1936-1952, Represión, Resistencia e Memoria´, en Imaxes

Incorporamos as primeiras imaxes do Congreso “A Raia 1936- 1952, represión, resistencia e memoria”.

O Congreso, que desenvolverá a súa Área de Historia a finais do vindeiro mes de marzo, é unha das activiades enmarcadas dentro do Ano da Memoria e pretende recuperar a memoria e a dignidade das persoas represaliadas durante as ditaduras de Franco e Salazar.

Máis Información >>

Imaxes do Congreso >>

| 9 de xaneiro de 2007

Retrospectiva do Congreso ´Destecendo a desmemoria. Galiza na loita antifranquista (1936-1977)´

Pasado xa un tempo, chega o momento de ollar cara atrás e lembrar as motivacións, os contidos, as reflexións e as imaxes máis destacadas que xeneraron as xornadas do Congreso ´Destecendo a desmemoria. Galiza na loita antifranquista (1936-1977)´, que tivo lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra do 9 ao 11 de novembro de 2006.

Para visualizar a retrospectiva do Congreso, faga click aquí >>

| 18 de decembro de 2006

A EXPOSICIÓN MEMORIAL DA LIBERDADE, EN IMAXES

Dende esta mesma web xa podemos realizar unha viaxe gráfica á exposición "Memorial da Liberdade. Represión e Resistencia en Galiza (1936-1977)".

Esta iniciativa, impulsada pola Consellería de Cultura e Deporte no denominado Ano da Memoria, recolle as vivenzas sufridas polo pobo galego desde os primeiros días do alzamento militar ata os derradeiros anos da dictadura.

Para visualizar agora as imaxes da exposición, faga click aquí

| 11 de decembro de 2006
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza