Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

A Fundación Alexandre Bóveda homenaxe ao grupo 'De amor e desamor'

A asociación cultural coruñesa Alexandre Bóveda celebrará os 25 anos do grupo "De Amor e Desamor" cun recital poético cada martes ás 20.30 h, na cidade da Coruña.

Asociación Cultural Alexandre Bóveda | 23 de xaneiro de 2009

A Asociación Cultural O Facho premia a Xosé Neira Vilas

A Asociación Cultural O Facho ven de anunciar que entregará o galardón "O Facho de Ouro" 2009 ao escritor Xosé Neira Vilas o vindeiro 31 de xaneiro nunha homenaxe que será celebrada na Coruña.

Dito premio foi creado pola Asociación para homenaxear a galegos e galegas comprometidos coa mesma causa: no 2006 concederonllo a Isaac Díaz Pardo, no 2007 a Avelino Pousa Antelo, e no 2008 déronllo a Francisco Fernández del Riego.

A Asociación Cultural "O Facho" foi constituída no ano 1963 e, pouco antes, constituirase en Santiago de Compostela a Agrupación Cultural "O Galo". Despois fóronse constituíndo a Asociación "Amigos da Cultura", en Pontevedra, a Asociación Cultural de Vigo, a "Ricardo Lanza", en Ribadeo, outra Asociación Cultural en Ribadavia, todas elas como mostra da existenza dun movemento cultural a prol da nosa lingua e cultura como contestación á resistencia frente da cultura uniforme e imperialista do franquismo.

Agrupación Cultural O Facho | 21 de xaneiro de 2009
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez