Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
Na mostra, a cal é unha colectánea de documentos gráficos e mesmo audiovisuais, o autor, Antón Caeiro, recrea o pasado da Illa de San Simón (Cesantes-Redondela) como colonia penitenciaria e o maior campo de concentración de Galiza entre 1936 e 1943, ubicando as autoridades franquistas a máis de 6000 presos chegados de todo o Estado español.
Dende a súa presentación, que tivo lugar na propia illa en xullo de 2006, coincidindo coa Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, a exposición comezou unha itinerancia pola nosa comunidade que aínda continúa.
Esta iniciativa está promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, e nesta ocasión conta coa colaboración do Concello de Caldas de Reis.
Na mostra, a cal é unha colectánea de documentos gráficos e mesmo audiovisuais, o autor, Antón Caeiro, recrea o pasado da Illa de San Simón (Cesantes-Redondela) como colonia penitenciaria e o maior campo de concentración de Galiza entre 1936 e 1943, ubicando as autoridades franquistas a máis de 6000 presos chegados de todo o Estado español.
Dende a súa presentación, que tivo lugar na propia illa en xullo de 2006, coincidindo coa Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, a exposición comezou unha itinerancia pola nosa comunidade que aínda continúa.
Esta iniciativa está organizada pola Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
A exposición itinerante 'A Illa da Memoria' prosegue o seu percorrido pola xeografía galega facendo parada nesta ocasión no IES Pintor Laxeiro de Lalín, onde permanecerá entre o 2 e o 9 de outubro.
Na mostra, o autor, Antón Caeiro, recrea o pasado da Illa de San Simón como colonia penitenciaria e campo de concentración entre 1936 e 1943. Dende a súa presentación, que tivo lugar na propia illa en xullo de 2006, coincidindo coa Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, a exposición comezou unha itinerancia pola nosa comunidade que aínda continúa.
Esta iniciativa está organizada pola Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Entre o 19 e o 22 de setembro, a Iniciativa Galega pola Memoria, foro de máis de 40 colectivos de recuperación da memoria histórica de Galiza, co apoio da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte e a Concellaría de Cultura do Concello do Grove reunirá a investigadores, historiadores, xuristas, representantes de colectivos, para tratar das dificultades que prantexa o tema da recuperación histórica abordando as distintas dimensións do problema, tanto no plano académico e institucional como no cívico e asociativo, tanto desde o punto de vista máis interno e metodolóxico como na súa vertente pública e no seu tratamento nos medios de comunicación, sen esquecer examinar o marco xurídico e sociolóxico no que se desenvolve o labor de persoas e colectivos ocupados en rehabilitar a memoria histórica.
A Casa da Cultura de Cuntis acolle a exposición "A Illa da Memoria", de Antón Caeiro, dende o 17 de setembro ao 1 de outubro.
O propio autor e Belén Pazos, Tenente de Alcaldesa e Concelleira de Cultura do Concello de Cuntis, intervirán no acto de inauguración, a celebrar o luns, 17 de setembro, a partir das 21:00 h.
Esta mostra evoca o tempo (1936-1943) en que a Illa de San Simón foi colonia penitenciaria e campo de concentración e foi dada a coñecer ao público o pasado mes de xullo de 2006, no marco da Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, realizado na propia illa.
Organizan esta iniciativa a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e a Concellaría de Cultura do Concello de Cuntis.