Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
Chegado ao ecuador da súa travesía, arredor de 13.000 persoas xa visitaron o barco e as actividades que se desenvolveron de forma paralela en terra nas 10 localidades nas que recalou.
Foron momentos moi intensos os vividos neste acto, onde os protagonistas foron en todo momento as persoas e os sentimentos.
Ao longo do tempo irmemos facilitando máis imaxes dos actos que celebremos.
Na primeira xornada abriuse na illa de San Antón a exposición ‘Illa da Memoria’, coordinada por Antonio Caeiro, e a illa recibiu máis dun milleiro de persoas que participaron na Homenaxe Nacional ás Vítimas da Represión Franquista, un dos actos centrais do Ano da Memoria que organiza a Consellaría de Cultura e Deporte.
San Simón, que tras o golpe militar se converteu nunha enorme cadea para os presos republicanos, viviu dúas xornadas de portas abertas na que albergou hoxe ducias de actividades ao longo do día que puideron disfrutar centos de persoas. Ademais da inauguración no centro de documentación da exposición “A illa da memoria”, que recupera o pasado de San Simón, o edificio multiúsos acolleu proxeccións audiovisuais relacionadas coa memoria de forma ininterrompida.
Asemade, para coñecer mellor a illa, a Consellaría realizou visitas guiadas ao longo do día. Tamén houbo música, a cargo de Paulina Ceremuzynska, Pilocha e Mini, Mero e Mariña
Xa o domingo, máis de 600 persoas, entre familiares de vítimas ou represaliados e asociacións pola memoria, asistiron ao acto central do Ano da Memoria, á Homenaxe Nacional ás Vítimas da Represión Franquista que tivo lugar na illa de San Simón. Alí, Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, comprometeuse a proseguir cos traballos máis aló deste 2006: “O noso traballo non vai ser flor dun ano, non vai rematar cando o mes de decembro chegue ao seu fin. Pasamos moito tempo de silenzo e sabemos que non chegarán 365 días para que os nosos obxectivos se convirtan en realidade”.
Bugallo fixo fincapé en que a investigación que están a levar a cabo as tres universidades galegas, dirixidas polo catedrático Lourenzo Fernández Prieto, continuará para clarexar todos os crimes acontecidos do 1936 ao 1977. Tamén subliñou que o Consello da Memoria, presentado neste acto, terá entre as súas funcións continuar con este traballo, como órgano asesor da Consellaría. Del forman parte 10 persoas elixidas polas asociacións de recuperación da memoria, cinco recoñecidos investigadores e outros cinco persoeiros que viviron directamente a represión franquista. O seu cometido, ademais de asesorar, será colaborar cos programas que se deseñen institucionalmente, servir de interlocutor directo entre o mundo asociativo e a administración, presentar iniciativas encamiñadas á recuperación da nosa memoria, avaliar as decisións políticas tomadas ao respecto e impulsar novas accións de goberno, entre outras.
Esta fin de semana foi unha homenaxe nacional a todas as persoas que sufriron a represión franquista. O sábado foi unha xornada con actividades durante todo o día para coñecer a illa e o que nela sucedeu e a homenaxe institucional tivo lugar o domingo. A ela asistiron as vítimas e os seus familiares para recibir o recoñecemento que, por primeira vez, chega desde un goberno galego.
Canda estas persoas que sufriron a represión e os seus achegados estarán presentes o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana; a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo; e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará.
Placa conmemorativa
Como testemuño desta homenaxe, inaugurouse unha placa conmemorativa dedicada a todas as persoas que padeceron a represión en Galiza. Ao acto tamén asistiron representantes das asociacións pola recuperación da memoria, que están a colaborar coa Consellería de Cultura e Deporte na organización do Ano da Memoria.
Tanto a idea que transmite como a exposición "OS MARTIRES DO MAR" que leva no seu interior, están levantando grande expectación en todos os portos polos que pasa.
Son moitas as emocións que se vivien a bordo do vapor "Hidria", que desde xullo ata setembro está a percorrer toda Galiza.
AQUÍ poñemos ao teu dispor os datos sobre cada unha das singladuras que o BARCO DA MEMORIA realizará por toda Galiza.
Podes descargarte os programas de cada un dos portos, xa que cada un é distinto e irrepetible.
A Illa de San Simón, que tras o golpe militar se converteu nunha enorme cadea para os presos republicanos, albergará esta fin de semana unha homenaxe nacional a todas as persoas que sufriron a represión franquista. O sábado será unha xornada con actividades durante todo o día para coñecer a illa e o que nela sucedeu e a homenaxe institucional terá lugar o domingo. A ela asistirán as vítimas e os seus familiares para recibir o recoñecemento que, por primeira vez, chega desde un goberno galego.
Canda estas persoas que sufriron a represión e os seus achegados estarán presentes a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará. No acto recoñecerase o seu valor e a súa loita por acadar unha sociedade máis xusta, unha loita pola que moitos morreron, foron repudiados ou encarcerados ou tiveron que exiliarse.
Placa conmemorativa
Como testemuño desta homenaxe, inaugurarase unha placa conmemorativa dedicada a todas as persoas que padeceron a represión en Galiza. Ao acto tamén asistirán representantes das asociacións pola recuperación da memoria, que están a colaborar coa Consellería de Cultura e Deporte na organización do Ano da Memoria, o programa de actividades no que se encadra esta homenaxe. O obxectivo é investigar, difundir e homenaxear para tentar saldar unha débeda histórica cunha época do noso pasado sobre a que aínda pesan silencios.
Nas actividades deste día tomará parte o Hidria II, o Barco da Memoria, que está a percorrer a costa galega durante o verán cunha exposición no seu interior e con actividades en paralelo para amosar a represión contra os mariñeiros. O vapor, que permanecerá fondeado preto da illa, fará as veces do Upo Mendi, o barco que trouxo centos de presos republicanos desde Euskadi.
O domingo tamén se dará a coñecer a composición do Consello pola Memoria, o órgano que asesorará a Consellería nos labores de recuperación da memoria e que funcionará como un interlocutor entre as asociacións e a administración para avaliar e impulsar novas accións neste eido.
Xornada de portas abertas
O sábado será unha xornada de portas abertas nas que haberá un transporte de balde para que a xente poida acudir ás actividades que durante todo o día incidirán na historia de San Simón e no sentido que esa época aínda ten na actualidade. Un servizo de barcos funcionará cada media hora desde as 10.30 horas pero para prever os aforos as persoas interesadas deberán anotarse con antelación chamando aos teléfonos 981544812 e 981957301 ou no mail homenaxememoria@xunta.es
Este día inaugurarase no centro de documentación a exposición “A illa da memoria”, que recupera o pasado de San Simón. Tras o golpe militar, as autoridades franquistas converteron a illa nun presidio polo que pasaron máis de 5.000 presos republicanos. Por outra parte, o edificio multiusos acollerá proxeccións audiovisuais de forma ininterrompida. Para coñecer mellor a illa, realizaranse dúas visitas guiadas (ás 12 e ás 18 horas) que sairán desde o fondeadoiro.
Durante todo o día sucederanse en diversos espazos da illa actividades de música, poesía e danza para recrear e recordar a represión:
• Paulina Ceremuzynska. Lírica Medieval | 12:00 h | 16:00 h | 18:30 h | Capela
• Pisando Ovos. Danza | 12:30 h | 19:00 h | Mirador do Paseo dos Buxos
• Mini, Mero e Mariña. Silencios da Memoria | 13:00 h | 16:30 h | Escenario principal
• Pilocha. Poemas e cancións | 13:30 h | Mirador do Cemiterio
• Grupo Tradicional IGAEM. Música tradicional | 13:45 h | Explanada do Multiusos
• Margarita Fernández e Carlos Méndez. Recital de poemas e contrabaixo | 17:00 h | 20:15 h | Mirador do Cemiterio
• Disque Danza. Performance: Aquí e agora | 17:15 h | Peirao do Cagarrón
• Banda de Visantoña. Música popular | 17:45 h | 20:30 h | Explanada do Multiusos
• Uxía. Canción popular | 19:30 h | Escenario principal