Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
En relación cos procesos xudiciais que afectan ós membros da asociación DIONISIO PEREIRA GONZALEZ e ALFREDO GONZALEZ RUIBAL, promovidos pola familia Gutiérrez Nieto en base a publicacións e manifestacións por eles efectuadas, acordouse, por unanimidade, abrir unha conta bancaria para recaudar fondos cos que axudar a defensa xurídica dos nosos compañeiros.
Dende dita conta poderánse facer pagamentos de asistencia xurídica, multas, indemnizacións e outros que se deriven das causas abertas, debendo ser todos os cargos asinados polo presidente e o tesoureiro da Asociación.
O número de conta é:
Animámosvos a facer as vosas achegas e a difundir a existencia da conta entre os vosos achegados.
* Se ó final dos procesos xudiciais existise saldo nesa conta, aplicarase de forma sucesiva aos seguintes fins:
- Primeiro.- Devolución ás persoas que colaboraron que o soliciten no prazo que no seu momento se estableza, en proporción ó aportado por cada un en relación co total recadado.
- Segundo.- Entrega a asociacións ou colectivos, que defendan causas semellantes as que levaron ao banquiño aos nosos compañeiros.
- Terceiro.- Entrega a unha entidade sen ánimo de lucro cuxos fins sexan concordantes cos da asociación Verbo Xido.
Os membros do Proxecto de Investigación `As Vítimas, os Nomes e as Voces´ acometen a análise de preto de sete quilos de material diarístico do militante anarquista Gonzalo Becerra (1910-1976), entre o que se atopa documentación con códigos cifrados da primeira guerrilla.
Becerra sobreviviu oculto (¡na súa casa!) dende o ano 36 ata a súa morte, utilizando un zulo de 2 metros cadrados construído nun lateral da mesma.
O material, doado hai un mes por Ovidio Becerra, o último dos oito irmáns, aportará luz sobre a dura e longa experiencia dun home que viviu o maquis...na súa propia casa.
No vindeiro sábado 3 de maio ás 19:00 horas terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Cangas unha conferencia sobre a represión en Galiza e tamén específicamente na comarca do Morrazo na fase final do franquismo. Participarán vari@s históricos militantes de esquerda do Morrazo que foron obxecto de represión policial, xudicial e penitenciaria polo seu compromiso político nesta fase histórica.
A organización (Cangas pola Memoria Común / Colectivo pola Memoria Republicana do Morrazo / Sociedade Galega pola República) pretende realizar un recoñecemento público da loita destas persoas e rematará cunha homenaxe á tamén histórica militante comunista, republicana e independentista galega Carmeliña Graña, represaliada e perseguida naqueles anos.
Por outra banda, e a partires das 21:30, celebrarase unha Cea de Confraternidade no Restaurante Bitácora de Cangas.
Preto de medio de centenar de persoas acudiron o sábado, 26 de abril, á aldea de Fontao, no Concello de Frades, para lembrar a morte dos guerrilleiros Manuel Ponte Ferreira e Manuel Díaz Pan.
O galeguista Avelino Pousa Antelo interveu no acto cun poema de Lorenzo Varela dedicado dedicado a Ponte. Deste xeito lembrábase a tres homes da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.
Na sesión plenaria do Concello de Silleda do pasado xoves 24 de Abril fíxose oficial a supresión e renomeamento do rueiro fascista de Silleda. Cos votos favorábeis do BNG (1), PSOE (6) e a abstención do PP, o Concello aprobou a proposta da Comisión creada para o efecto e que se levaba reunindo desde o mes de Setembro. Nela participaron activamente con rigorosidade, criterio e dinamismo nas propostas Adellís Asociación Socio-Cultural de Silleda e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio, alén dos partidos políticos e algúns outros colectivos da localidade.
Celebramos enormemente o compromiso do PSOE e o BNG de acatar o decidido por consenso na comisión foi efectivo e o resultado é, por fin, histórico, polo que levamos a traballar desde hai dez anos e que en anteriores lexislaturas só fora proposto e defendido, en exclusiva e unicamente, polos concelleiros do BNG.
Logo de máis de 50 de fascismo nas rúas, procedeuse ás seguintes mudanzas
- Rúa General Franco por Rúa do Trasdeza
- Rúa José Antonio por Rúa do Progreso
Alén disto, Alonso Ríos terá unha rúa na até agora denominada San Isidro e o "Siñor Afranio" para a chamada Praza do Cuartel, onde conflúe a anteriormente citada.
Na vila trasdezá da Bandeira tamén se decidira xa nun pleno precedente realizar os seguintes cambios:
- Ruá Iryda por Rúa Ramón de Valenzuela
- Rúa PPO por Rúa do Parque