O
Colectivo pola Memoria Republicana do Morrazo / Cangas pola Memoria Común e a
Sociedade Galega pola República, coa colaboración da Concellaria de Cultura do Concello de Cangas, organiza as
I Xornadas de cinema pola Memoria Histórica `Imaxes da Memoria´. As proxeccións programadas terán lugar os días 20, 27 de abril e 4 de maio, no
Auditorio de Cangas de Morrazo, ás
20:00 horas.
O domingo 20 de abril proxectaranse os documentais `Manolo Barros, un rebelde de aceiro´, de Cuchi Carreira e Gonzalo Amoedo e `Cólera´, de Manuel Forcadela e Maria Xosé Queizán. Na seguinte semana, o día 27, poderemos visualizar o filme `Liste, pronuncido Lister´, de Margarita Ledo Andión. As xornadas rematan o domingo 4 de maio, cando terá lugar a proxección do documental `Exilios´, de Xan Leira.