Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

III Ciclo `Os Venres da Memoria´, dedicado a Benigno Andrade `Foucellas´ no centenario do seu nacemento

O Concello de Mesía organiza por terceiro ano consecutivo o Ciclo de conferencias `Os Venres da Memoria´ que, nesta ocasión, servirá para revisar a figura de Benigno Andrade `Foucellas´, do que este ano se cumpren cen anos do seu nacemento.

A Casa da Cultura de Xanceda (Mesía) será o escenario no que o 25 de abril e o 2 de maio terá lugar este encontro. O venres 25, V. Luís Lamela García abrirá a iniciativa para falar sobre a súa obra `Foucellas´. El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936 - 1952).

Finalmente, e xa na xornada de peche, o libro protagonista será Escapados nos eidos das Foucellas, que será analizado polo seu autor, Andrés Mariño Sanmartín.

· Venres, 25 de abril >>

· Venres, 2 de maio >>

| 23 de abril de 2008

A Casa da Cultura de Cuntis acolle a presentación do libro `Xohán Xesús González: Un precursor do soberanismo galego´, de Héitor Picallo

A Asociación O Fervedoiro e Edicións Laiovento convidanvos á presentación do libro `Xohán Xesús González: Un precursor do soberanismo galego´, da autoría de Héitor Picallo e prologado por X. L. Méndez Ferrín.

Este acto terá lugar o vindeiro domingo 27 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis (Pontevedra), e no mesmo intervirán Francisco Pillado Maior (director de Edicións Laiovento), Carlos Loureiro Rodríguez (escritor e mestre) e Héitor Picallo Fuentes (autor do libro).

* Para máis información: · www.ofervedoiro.blogaliza.org >

| 21 de abril de 2008

Bueu lembra este domingo ao seu Alcalde e veciños fusilados un 17 de abril hai 71 anos.

O vindeiro domingo 20 de abril, a Asociación de Amigos Johán Carballeira lembrará o 71 cabodano do fusilamento en Monteporreiro (Pontevedra) de Xosé Gómez de la Cueva, Johán Carballeira, Alcalde de Bueu durante a República; Manuel García Pouseo, sindicalista de `El Adelanto Marinero´ e os canteiros da Portela, Avelino Chapela e Manuel Chapela.

A xornada comezará ás 5 da tarde, cunha ofrenda floral no Monumento a Johán Carballeira, no porto de Bueu. De seguido, ás 6 da tarde, terá lugar no Centro Social do Mar a proxección do documental `O Barco da Memoria´. Intervirán Félix Juncal, Alcalde de Bueu e Matías Rodríguez da Torre, Coordenador da actividade do Barco da Memoria.

| 17 de abril de 2008

I Xornadas de Cinema pola Memoria Histórica `Imaxes da Memoria´

O Colectivo pola Memoria Republicana do Morrazo / Cangas pola Memoria Común e a Sociedade Galega pola República, coa colaboración da Concellaria de Cultura do Concello de Cangas, organiza as I Xornadas de cinema pola Memoria Histórica `Imaxes da Memoria´. As proxeccións programadas terán lugar os días 20, 27 de abril e 4 de maio, no Auditorio de Cangas de Morrazo, ás 20:00 horas.

O domingo 20 de abril proxectaranse os documentais `Manolo Barros, un rebelde de aceiro´, de Cuchi Carreira e Gonzalo Amoedo e `Cólera´, de Manuel Forcadela e Maria Xosé Queizán. Na seguinte semana, o día 27, poderemos visualizar o filme `Liste, pronuncido Lister´, de Margarita Ledo Andión. As xornadas rematan o domingo 4 de maio, cando terá lugar a proxección do documental `Exilios´, de Xan Leira.

| 17 de abril de 2008

A mostra itinerante 'Rostros da memoria' de Xurxo Lobato, na Casa das Artes de Vigo

A Casa das Artes da cidade de Vigo acolle durante este mes de abril a exposición 'Rostros da memoria' de Xurxo Lobato.

Este mostra está integrada por 45 fotografías que recollen biografías públicas e privadas de costureiros, mariñeiros, zapateiros, escultores, mestres, intelectuais ou carpinteiros. Avelino Pousa Antelo, Consuelo Rodríguez López ‘Chelo’, Francisco Fernández del Riego ou Isaac Díaz Pardo son algunhas das biografías que comparten exposición con María Teresa Alvajar, que pola súa condición de republicana estivo presa e tivo que sufrir o exilio ou Manuel Barros, fundador das Xuventudes Comunistas de Redondela, prisioneiro na illa de San Simón e que faleceu este verán.

‘Rostros da memoria’ converte aos represaliados en protagonistas dun tempo no que a recuperación da memoria é unha débeda que aínda queda pendente e que a Consellaría de Cultura comezou a saldar coa celebración no 2006 do Ano da Memoria.

| 17 de abril de 2008
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez