Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

'Os mártires do mar' chegan ao IES Virxe do Mar de Noia

A mostra "Os Mártires do Mar. A represión franquista contra os mariñeiros galegos" continúa a súa itinerancia pola xeografía galega cunha parada na vila mariñeira de Noia.

A exposición está formada por unha serie de documentos que dan conta da represión sufrida polos mariñeiros durante o franquismo, e poderá visitarse entre os días 20 e 27 de novembro no IES Virxe do Mar.

Esta iniciativa conta coa colaboración da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

| 19 de novembro de 2007

A Exposición Itinerante 'A Illa da Memoria' chega a Muros

A exposición itinerante 'A Illa da Memoria' chega ao IES As Insuas de Muros, nunha nova parada do seu percorrido pola xeografía galega. A mostra poderase visitar desde o martes 20 ata o 27 de novembro.

Esta colección realizada polo autor Antón Caeiro, compila unha documentos gráficos e audiovisuais, coa fin de recordar a historia da Illa de San Simón (Cesantes-Redondela). Entre 1936 e 1943, a illa foi utilizada polas autoridades franquistas como colonia penitenciaria e campo de concentración, e por ela pasaron máis de 6000 presos de todo o estado español.

A exposición comezou a súa andadura na propia illa en xullo de 2006, coincidindo coa Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, e desde entón percorreu boa parte da nosa comunidade.

A iniciativa está promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

| 16 de novembro de 2007

Arzúa recibe a exposición 'Os mártires do mar'

A exposición itinerante "Os Mártires do Mar. A represión franquistacontra os mariñeiros galegos" viaxa ao festival Terr@ctiva que terá lugar no Recinto Feiral de Arzúa os días 17 e 18 de novembro.

Este festival, que celebra a súa segunda edición é unha aposta alternativa e multidisciplinar coa que se trata de concienciar á sociedade no compromiso ambiental e sustentábel.

A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural colabora con esta iniciativa achegando a devandita exposición.

Mais información en www.terractiva.org

| 16 de novembro de 2007

A Exposición Itinerante 'A Illa da Memoria' achégase ao IES Alexandre Bóveda de Vigo

A exposición itinerante 'A Illa da Memoria' continúa o sei percorrido neste ano 2007 facendo agora parada en Vigo. Poderá visitarse no IES Alexandre Bóveda dende o 12 até o 19 de novembro.

Na mostra, a cal é unha colectánea de documentos gráficos e mesmo audiovisuais, o autor, Antón Caeiro, recrea o pasado da Illa de San Simón (Cesantes-Redondela) como colonia penitenciaria e o maior campo de concentración de Galiza entre 1936 e 1943, ubicando as autoridades franquistas a máis de 6000 presos chegados de todo o Estado español.

Dende a súa presentación, que tivo lugar na propia illa en xullo de 2006, coincidindo coa Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, a exposición comezou unha itinerancia pola nosa comunidade que aínda continúa.

Esta iniciativa está promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.

| 12 de novembro de 2007

A CIG-Ensino e a AS-PG organizan as Xornadas ´Memoria e Cidadanía´

A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte e a Fundación Illa de San Simón colaboran nas xornadas que levan por título ´Memoria e Cidadanía´, a celebrar no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela os vindeiros días 15,16,17,23 e 24 de novembro e o 1 de decembro. A proposta está organizada pola CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega-Ensino e AS-PG (Asociación Socio- Pedagóxica Galega).

Investigadores e estudosos de primeira liña participan neste novo encontro sobre a represión durante a Guerra Civil. As xornadas ´Memoria e Cidadanía´ inclúen relatorios, proxeccións audiovisuais e outras actividades de interese.

Para coñecer o Programa, pode premer na descarga asociada.

| 12 de novembro de 2007
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez