Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

O programa definitivo da Área Antropolóxica do Congreso da Raia inclúe obradoiros, conferencias, cine, música e diversos actos de homenaxe

Case un mes despois da celebración da reunión de colectivos e asociacións que tivo lugar no Centro cultural de Vilarelho da Raia (Concello de Chaves), o Congreso Internacional "A raia 1936- 1952, represión, resistencia e memoria” continúa a súa programación coa apertura das Xornadas de Antropoloxía.

En Chaves terán lugar unha serie de actos con os que se pretende analizar e estudar a área antropolóxica da que consta o congreso, co obxectivo de acadar as conclusións que servirán como orientación de cara ao estudo e recollida da memoria oral, alén de marcar unhas pautas de método para un mellor aproveitamento posterior e difusión do material recollido. Xa está pechada a programación. Para consultala, pode facer click na ligazón que segue:

O Programa do Congreso >>

| 4 de decembro de 2006

Cultura difunde o Ano da Memoria entre os centros de ensino

A Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, decidiu ofertar ao profesorado e o alumnado de Educación Secundaria de Galiza unha serie de visitas que permitirán unha maior difusión das actividades do Ano da Memoria.

Deste xeito, estanse poñendo en funcionamento iniciativas consistentes na realización de visitas guiadas á exposición sobre a represión e a resistencia en Galiza "Memorial da liberdade. A represión franquista (1936-1977)".

Asemade, poñeránse ao dispor dos escolares dúas exposicións itinerantes con formato e temática moi adecuados para a súa presentación en centros de ensino: Os mártires do mar. A represión franquista contra os mariñeiros galegos, que a bordo do Barco da Memoria recibiu de máis de 35.000 visitas durante o verán pasado e A illa da memoria, na que se pode presenciar a historia do cárcere de San Simón, na Ría de Vigo.

Máis Información e Inscrición >>

| 23 de novembro de 2006

A SINGRADURA DO BARCO DA MEMORIA EN IMAXES

Xa podemos rememorar a singradura que o Hidria II realizou polas costas galegas durante o pasado verán. O Hidria II comezou a súa viaxe o 17 de xullo en Cambados e rematou o 6 de setembro en Vilagarcía de Arousa, tras recalar en 18 vilas cun grande éxito de participación.

Galería do Barco da Memoria

| 14 de novembro de 2006

Congreso destecendo a desmemoria. Galiza na loita antifranquista (1936-1977).

Un encontro que quere ser lugar de reflexión e debate sobre un obxectivo que ten que comprometer á sociedade enteira: a recuperación danosa memoria democrática. Unha manchea de intelectuais e investigadores daranse cita durante tres días en Pontevedra para poñer sobre a mesa un tema de alcance histórico e de especial relevancia para a construcción do noso futuro. O congreso está aberto a todos e todas os que queiran participar tanto presentando comunicacións como asistindo aos distintos relatorios, mesas redondas e debates que o integran.

Nesta perspectiva, este congreso procurará dar cumprimento aos seguintes obxectivos:

1. Reunir investigadores universitarios e non universitarios que se caractericen por teren traballado arredor deste período, tanto en aspectos específicos como xenéricos.

2. Centrar os debates sobre todas e cada unha das circunstancias que configuraron o período 1936-1977, de maneira que este congreso se poida converter en referencia para os traballos que no futuro se realizaren sobre este período.

3. Integrar a acción nun proxecto común do Ano da Memoria, recollendo investigacións e testemuños e integrándoos no contexto internacional.

[+información]

| 3 de outubro de 2006

Exposición MEMORIAL da LIBERDADE

No Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, a Conselleira de Cultura e Deportes, Dona Anxela Bugallo, dou por innaugurada a principal exposición sobre represión franquista e resistencia democrática en Galiza.

[+ información]

| 3 de outubro de 2006
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez