Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

A solidariedade do sindicato de electricistas noruegués Elogit, achegou os fondos necesarios para exhumar o cadaver do guerrilleiro galego Perfecto de Dios, abatido pola Garda Civil e enterrado nunha fosa en Chaherrero (Ávila). Unha vella arela de seu irmán, Camilo de Dios, membro coma el da II Agrupación da guerrilla galega que operaba nas terras da Limia. Coas imaxes do fondo fotográfico que entregou ao arquivo de Nomes e Voces compuxemos un Álbum da memoria de Camilo de Dios.

Co gallo desta homenaxe a CRMH d'AC elaborou un cuadríptico coa semblanza de Elvira Varela Bao, un texto realizado polo Investigador de 'Nomes e Voces', Xurxo Pantaleón Cadilla, que acompañamos nesta nova como documento adxunto.

Manuel Díaz González 'O Pequeniño do Incio'
Co gallo do 75 aniversario do pasamento do do Dr. Manuel Díaz González [1886-1936] 'O Pequeniño do Incio' vense de publicar un libro homenaxe no que tamén participou o Proxecto 'Nomes e Voces' xunto á Familia Díaz.
A publicación recolle os diferentes actos conmemorativos que se celebraron no Incio (Lugo) no mes de novembro de 2011 con motivo do 75 aniversario do pasamento de Manuel Díaz González, coñecido como o "Pequeniño".
Manuel Díaz González, médico de profesión, foi paseado en setembro de 1936 na estrada Bóveda-Incio, no punto denominado "Casilla da Serra"-Eirexalba-Incio.
O programa de ditos actos contou coa presenza de diferentes personalidades ligados ao ámbito da investigación histórica, á escrita, á mediciña e ao xornalismo. Impartiron conferencias Xosé Ramón Fandiño Veiga -escritor e xornalista-, Xosé Alvilares Moure -Teólogo e escritor-, Lourenzo
Fernández Prieto -Profesor de Historia Contemporánea na USC e
director do Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces", Claudio Rodríguez Fer -Catedrático de Literatura na USC , poeta e estudoso da represión vinculada á Guerra Civil-, David Simón Lorda -Médico psiquiatra, estudoso da represión no colectivo médico en Galicia-. José
Luis Díaz Gómez -Médico investigador da Universidade Nacional Autónoma
de México e autor, entre outros, de dous libros sobre o homenaxeado do
que é sobriño-.
Asimesmo, proxectouse unha mostra documental sobre o que foi médico municipal e descubriuse un busto erixido en memoria do doutor Manuel Díaz González
[1.886-1.936], O Pequeniño do Incio, en compañía de representantes
municipais, familiares e público en xeral, acompañados pola actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.
Todas estas actividades quedan ilustradas nesta obra que conta con textos dos protagonistas.
Información relaiconada:
http://diariodeunmedicodeguardia.blogspot.com.es/2013/02/libro-de-homenaje-y-recuerdo-de-o.html
Dionisio Pereira, membro do proxecto Nomes e Voces; Paula Godinho, da Universidade de Lisboa, Manuel Loff, da Universidade de Porto; Xosé Barxa, presidente da asociación cultural Carrilanos; e o alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez García, participaron este fin de semana na homenaxe aos carrilanos portugueses asasinados polo fascismo.
O acto consistiu no descubrimento dunha placa conmemorativa no lugar do asasinato e a proxección do documental "Causa 1021" no teleclube de Campobecerros.

O día 22 de agosto de 1936, tres traballadores do camiño de ferro Zamora-Ourense de nacionalidade portuguesa, foron asasinados no lugar de Monte da Ladeira (Castrelo do Val, Ourense). 76 anos despois, o Concello de Castrelo do Val, o Proxecto "Nomes e Voces" e a Asociación Cultural "Os Carrilanos" de Campobecerros, acordaron poñer unha placa no lugar onde descansan os restos dun deles e realizar unha unha homenaxe aos cidadáns represaliados na guerra civil na bisbarra.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.