Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Xa se pode escoitar (e/ou descargar) a conferencia "Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo" que dispensou o profesor do The Graduate Center da City University of New York, Alejandro Alonso, dentro do Ciclo "Pasados incómodos: guerra, memoria e historia", organizada por Histagra o 18 de decembro de 2014 na Facultade de Xeografía e Historia.


Xa se pode escoitar (e/ou descargar) na canle de Histagra en iVoox, as intervencións de Aurora Artiaga, Lourenzo Fernández Prieto e Daniel Lanero Táboas do libro Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura, realizada na Facultade de Xeografía e Historia.
Xa se pode escoitar (e/ou descargar) a conferencia "Vida e asasinato do médico republicano d'O Inicio: a lembranza individual, o imaxinario rexional e a memoria histórica" que dispensou o profesor da UNAM, José Luis Díaz Gómez, dentro do ciclo "Pasados incómodos: Guerra, Memoria e Historia” o pasado martes día 23 na Facultade de Xeografía e Historia.

O PSdeG rexistrou no Parlamento de Galicia, por trámite de urxencia, unha Proposición non de lei para o seu debate en pleno e o seu portavoz, José Luis Méndez Romeu, para crear en Galicia dun Centro de Documentación da Memoria Histórica co obxectivo de divulgar toda a información existente sobre os anos da Guerra Civil e da ditadura. Na súa idea, "só o cabal coñecemento dos feitos históricos permitirá superar os traumas derivados de enfrontamentos civís e así ten acontecido en Alemaña, Francia, Arxentina, Sudáfrica e tantos outros países que soportaron períodos non democráticos na súa historia”.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.