Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
O pasado día 3 de xuño de 2011, a Xunta Directiva da Asociación de Historia Contemporánea acordou expresar unha opinión colectiva sobre o Diccionario Biográfico Español elaborado desde a Real Academia da Historia.

José Villaverde Velo. 2185 Fondo Villaverde Otero
O acto tivo lugar na sede coruñesa da institución onte mércores 29 de xuño. Nel, procedeuse á sinatura da cesión por parte das irmáns Mar y Luz e Olga Villaverde Otero e o presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín.

O escritor e xornalista colaborador habitual do peródico británico Guardian, Miguel Anxo Murado (Lugo, 1965), ven de publicar o interesante artigo "F is for Franco but not for fascist, apparently", sobre o Diccionario Biográfico Español, e a definición que este recolle da figura do xeneral Francisco Franco.

O vindeiro mércores 22 de xuño, de 12.00 a 14.00 horas na Aula de Máster do Departamento de Historia Contemporánea e de América, HISTAGRA organiza a presentación académica a cargo do investigador postdoutoral do MICINN e da Universidade de Almería, Óscar Rodríguez Barreira.
A presentación leva por título: “En el reloj de antaño… Lo cotidiano y la historia social del franquismo hoy”
Emilio Grandío Seoane, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces", presentará nos próximos días o libro "Las columnas gallegas hacia Oviedo. Diario bélico de la guerra civil española (1936-1937)" [Ediciones Nigra Trea, 2011]
Así, o martes día 7 de xuño ás 19.30 horas, estará na Librería Cervantes (c/ Doctor Casal, 9) de Oviedo a xunto Rubén Vega, profesor de historia contemporánea de la Universidad de Oviedo.
O mércores día 8 de xuño, ás 20.15 horas, a obra será presentada na Galería Sargadelos de Monforte de Lemos (Praza de España, 2) coa asistencia do autor.
O libro recolle o diario de guerra de Faustino Vázquez Carril, xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte e executado en 1937
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.