Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
O investigador membro do Grupo HISTAGRA, Pedro da Silva, defendeu a súa Tese de Doutoramento titulada: “No rasto da draga. Exploraçao mineira, depredaçao ambiental e protesto popular numa aldeia da Beira Baixa (1912-1980), dirixida polo profesor deste departamento Lourenzo Fernández Prieto.

Ven de facerse público o novo Site do Grupo de Referencia Competitiva: “Historia Agraria e Política do mundo rural. Séculos XIX e XX” da USC, dirixido por Lourenzo Fernández Prieto desde o Departamento de Historia Contemporánea e de América: http://histagra.usc.es

O Catedrático e Investigador Luciano Concheiro (Universidad Autónoma Metropolitana-UAM, Ciudad de Mexico), estará en Compostela a partires da vindeira semana para participar en diferentes actividades organizadas desde o Departamento de Historia Contemporánea e de América.
Onte día 12 de decembro ás 18.00 horas na biblioteca do Consello da Cultura Galega, o Profesor e Investigador Luciano Concheiro (Universidad Autónoma Metropolitana, México), participou nun seminario aberto, dedicado ao exilio republicano en México. A actividade foi organizada polo Consello da Cultura Galega e o "Proxecto Nomes e Voces".
Luciano Concheiro (Universidad Autónoma Metropolitana, UAM) imparte docencia
nas seguintes licenciaturas: Economía, Socioloxía e Desenvolvemento Rural;
sendo a súa principal liñas de investigación o estudo de mercado de terras en
México. Na súa investigación realiza un diagnóstico e estuda alternativas sobre
o mercado de terras para establecer unha proposta campesiña. Dirixe un estudo a
nivel nacional e en concreto nos Ejidos de Oacalco e Tepoztlán, Morelos. Así
mesmo, desenvolve unha investigación sobre a relación Estado e Campesiños en
México. En canto ao mercado de terras, traballa en equipo con Tarrío e Diego; e
na análise das políticas, programas e estratexias do goberno para o medio rural
co conxunto do equipo.
Tamén é integrante do Programa de Desarrollo Humano en Chiapas e está
desenvolvendo unha investigación sobre a estrutura agraria nese estado despois
do levantamento armado do primeiro de xaneiro de 1994.
Outras das súas áreas de traballo son o Estado e a sociedade rural e a Ecoloxía e desenvolvemento rural.
Entre as súas publicacións destacan os libros: Privatización en el mundo rural: Las historias de un desencuentro, México DF: UAM-X, CSH, Depto. de Producción Económica; 1998, 1ra. edición, pp. 376; Los Mercados de Tierras en México, Roma: FAO, Roma, 1994; os artigos: "Nueva ruralidad y desarrollo territorial. Una perspectiva desde los sujetos sociales", Veredas 18, Primer semestre de 2009/año 10, Págs. 145-167; "Chiapas: los cambios en la tenencia de la tierra", Argumentos 51, Nueva época, año 19, mayo-agosto 2006; "Avances en la enseñanza del desarrollo rural", en Red de Instituciones vinculadas a la capacitación en economía y políticas agrícolas en América Latina y el Caribe. Brasil: Ed. REDCAPA/FAO/Universidade Federal Rural do Rio de Janeiro; Rio de Janeiro, 1996. p.33.
O Foro por la Memoria de Salamanca ven de elaborar un documental que presentará o vindeiro xoves, 15 de dicembro ás 19 horas no Salón de Actos da Facultad de Geografía e Historia.
O seu título é: "SALAMANCA 1936. Residencia oficial de Franco".
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.