Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O Proxecto de Investigación Interuniversitario ´As vítimas, os nomes e as voces´ organiza a presentación do libro ´Memorias de un piojo republicano´ do que é autor Ernesto Carratalá, represaliado polo franquismo que estivo preso en varias cáreceres, entre elas o Lazareto de San Simón. O acto terá lugar o xoves 25 de outubro ás 19:00 horas na aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia.
Ernesto Carratalá (Madrid, 1918) é doutor en Filosofía e Letras, catedrático numerario de Escolas Universitarias (xubilado) e experto en Pedagoxía Comparada. Foi profesor nas universidades de Barcelona, no Illinois and California Universities Abroad Studies Program e da State University of New York at Albany.
´Memorias de un Piojo Republicano´ narra as vivencias de Ernesto Carratalá desde o golpe de estado franquista de 1936. Foi ferido, prisioneiro nas cárceres do penal de Burgos, Forte de San Cristóbal, Lazareto de San Simón, Cárcere Cuartel de Santocildes de Astorga e Cárcere Modelo de Barcelona. Foi condenado a pena de morte, conmutada posteriormente. Tras este periplo vital, licenciouse e doutorouse, acadando a cátedra de Lingua e Literatura francesa.
(..)

A segunda xornada do encontro de investigadores "Historia e memoria" abordou onte os traballos de exhumación de fosas comúns no taller "Xeografía física da represión: os mapas das fosas".
(..)

“A única posibilidade de declarar un ‘Ano da Memoria’ tivo que agardar 70 anos”. Así se expresou un dos coordinadores do encuentro Historia e memoria, o profesor Lourenzo Fernández Prieto, durante a apertura das xornadas onte xunto á conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo. A Facultad de Historia da Universidade de Santiago acolle as mesas de traballo que estructuran a reunión de grupos de investigación de toda España. |
(..)
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.