Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Memoria e poesía: monumento polos exiliados mortos na alta saboia

Memoria e poesía: monumento polos exiliados mortos na alta saboia

O poeta galego José Ángel Valente (Ourense, 1929 - Xenebra, 2000) publicou nos anos cincuenta, cando era funcionario internacional da ONU en Xenebra, o poema "Cementerio de Morette-Glières, 1944", homenaxe aos refuxiados españois da guerra civil mortos na batalla da Alta Saboia francesa, defendendo contra os nazis unha tierra que non era a súa, pero que identificaban coa causa da xustiza e da liberdade universais.

Gardado en Noticias 14 de febreiro de 2012 | sen comentarios

Faleceu o investigador Ronald Fraser, pioneiro no estudo da Historia oral

Faleceu o investigador Ronald Fraser, pioneiro no estudo da Historia oral

O pasado día 10 faleceu o historiador e humanista Ronald Fraser (Hamburgo, 1930 - Valencia, 2012). Especializado en Historia oral e Historia de España -con especial atención na Guerra civil española e a Guerra da Independencia-, o seu traballo supuxo un impulso importante no uso das fontes orais entre os historiadores do ámbito hispanofalante. As súas gravacións de historia oral española foron doadas á Biblioteca da Universidade de Liverpool.

Entre os seus libros destacan Mijas. República, guerra, franquismo en un pueblo andaluz (1985), Recuérdalo tú y recuérdalo a otros (1979) -convertido nun clásico sobre a guerra civil española-, onde acolle 250 testemuñas sobre a guerra civil recollidos no verano de 1973. Así mesmo foi moi célebre Escondido. El calvario de Manuel Cortés (2006), e La maldita guerra de España. Historia social de la Guerra de la Independencia, 1808-1814 (2006).

Novas relacionadas:

Ronald Fraser, la elegancia narrativa (Julián Casanova, El País)

Gardado en Noticias 14 de febreiro de 2012 | sen comentarios

Seminario Permanente de Historia Contemporánea de Andalucía

Seminario Permanente de Historia Contemporánea de Andalucía

Consulta os materiais do Seminario e do obradoiro coordinado por Francisco Cobo Romero

Gardado en Noticias 20 de xaneiro de 2012 | sen comentarios

Listaxe de trasladados ao Valle de Cuelgamuros

Listaxe de trasladados ao Valle de Cuelgamuros

A listaxe de trasladados ao Valle de Cuelgamuros foi elaborado a partires do Mapa de fosas do Ministerio de Cultura

Gardado en Noticias 20 de xaneiro de 2012 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez