Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
Judith Carbajo Vázquez e Lourenzo Fernández Prieto veñen de publicar o artigo "A utilização fundo oral do Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”. Estudo de caso: causas e sujeitos da perseguição política e da repressão na guerra e a ditadura de Franco na Galiza (1936-...) na revista dixital História Oral ( v.15, n. 2 (2012): Dossiê - História oral, memória e democracia) da Associação Internacional de História Oral .

O Proxecto "Nomes e Voces" é novo membro da Asociación Internacional 'Strikes and Social Conflicts'. The International Association Strikes and Social Conflicts é unha asociación de membros institucionais e individuais, cuxos obxectivos de promover e espallar estudos sobre o traballo e conflitos sociais de xeito interdisciplinar, global, de longo prazo histórico rexeitando a perspectiva Eurocéntrica.
A Asociación organiza conferencias cada dous anos de xeito de xeito itinerante.

O diario La Voz de Galicia faise eco da presentación do libro de Emilio Grandío e Javier Rodríguez War Zone (Ediciones Eneida) que onte presentaron na FNAC da Coruña.
O xornalista Camilo Franco repasa as claves desta obra e fala cos seus autores sobre ela.
'Os aliados consideraron a Galicia zona bélica' Camilo Franco (La Voz de Galicia)

Con motivo do 40 aniversario do suceso do 10 de Marzo en Ferrol, a Fundación 10 de Marzo presenta o portal www.10demarzo1972.org.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.