Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O profesor Xosé Manoel Núñez Seixas publicou recentemente o libro "La sombra del César Santiago Montero Díaz, una biografía entre la nación y la revolución" (Editorial Comares, 2012) no que se analiza á interesante biografía do historiador Santiago Montero Díaz (1911-1985).

Paola Obelleiro analiza o traballo que o profesor estadounidense John Thompson ven realizando sobre os monumentos galegos ás vítimas do franquismo para reivindicar a súa utilidade pedagóxica.
O pasado sábado celebrouse na vila portuguesa de Monçao a "Homenagem a Portugueses mortos pelo Franquismo durante a Guerra Civil Espanhola". Ao acto asistiron entre outros Lourenzo Fernández Prieto, Dionísio Pereira para participar nunha mesa de encontro xunto aos profesores das universidades de Minho e Lisboa. No acto tamén participou Mario Soares, ex presidente de Portugal entre 1986 y 1996.
O xonal portugués Público faise eco da investigación de "Nomes e Voces". Maria José Oliveira entrevista neste artigo ao investigador e coordinador Dioniso Pereira.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.