Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
Fonte: La Voz de Galicia, Deza-Tabeirós-Montes. Rocío García. 22/05/2008.
Un total de 349 historiadores, profesores de historia e investigadores das asociacións da recuperación da memoria histórica de todo o estado acaban de remitir ás autoridades españolas un escrito solidarizándose con Dionisio Pereira. O investigador cerdedense foi denunciado pola familia do ex alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez, por publicar un traballo de investigación no que vinculaba a Gutiérrez con diversos actos de represión.
O escrito foi enviado por correo electrónico e postal ao presidente do goberno, o presidente do Congreso dos Deputados e o presidente do Senado.
Ademais de facer público o seu apoio a Dionisio Pereira, os investigadores - entre os que figura ata algún estranxeiro - esixen a aplicación e desenvolvemento da Lei da Memoria Histórica para protexer aos investigadores. Os asinantes piden que se desenvolva a disposición final primeira da lei, que habilita ao goberno a `ditar cantas disposicións sexan necesaria para o desenvolvemento e a aplicación´ da Lei da memoria. En concreto, os investigadores propoñen que se engada unha declaración de lexitimidade constitucional da libre investigación sobre a guerra civil e o franquismo, en base a fontes históricas tanto escritas como orais e sen censura previa sen ningún nome, fonte ou dato histórico.
Os asinantes do escrito consideran `incomprensible´ que os lexisladores prevexan medidas respecto ao acceso aos arquivos ou a recuperación de restos das vítimas e que se esqueceron en cambio `das persoas que están achegando de forma comprometida e desinteresada o seu rigor académico e honestidade profesional a un coñecemento máis preciso e plural da verdade histórica´.
Os historiadores advirten que non están dispostos a tolerar o tratamento `inxusto, antidemocrático e hostil cara aos historiadores de profesión´. Recordan que moitos historiadores están sendo vítimas de `acoso xudicial´ por parte das persoas que aparecen na documentación como responsables de torturas e asasinatos durante a guerra civil e a ditadura franquista.
`Calvario xudicial´
Os asinantes aseguran que a resolución caso a caso das denuncias está creando alarma entre os historiadores e dificultando o seu traballo.
* Máis recollidas da Carta pública:
· historiantes.blogspot.com >>
· www.foroporlamemoria.info >>
· www.reporterodelahistoria.com >>
A longametraxe, coproducida pola TVG e estreada en O Grove no pasado mes de setembro, contou cunha subvención da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura de Deporte.
* Máis información en:
Este sábado, 7 de xuño, ás 20,30 horas, a asociación A Oliveira de Teo e a asociación Anxel Casal de Arzúa, no edificio Sociocultural María Mariño de Arzúa, celebran un acto sobre o teense Benjamín Salgado Uribe, alcalde de Carbia no ano 1936, que foi veciño de Arzúa, como home libre e como home perseguido polo fascismo, durante grande parte da súa vida.
Neste acto, o público asistente poderá facerse co número dous da "Voandeira da Oliveira", monográfico dedicado a este alcalde natural de Teo, e falarán Ramón Arufe, que estudou a figura de Benjamín Salgado Uribe, e Manuel Igrexas, filósofo, profesor e historiador, que investigou a fondo a época republicana e a represión posterior ao ano 1936 na comarca do Deza.
Benjamín Salgado Uribe naceu no ano 1889 en Vilar, parroquia de Cacheiras, concello de Teo. Como tantos galegos, Benjamín coñeceu a emigración.: traballou en La Habana e percorreu América, desde os Estados Unidos até Bos Aires, traballando de xornalista.
Ao regreso a Galicia participou no rico tecido asociativo da II República e como consecuencia do trunfo do Frente Popular foi elixido alcalde. Despois da rebelión militar do 18 de xullo, o mesmo día 19 trasládase a Pontevedra, xunto con cargos sindicais e políticos do Deza, a recibir instrucións do Gobernador provincial. En vista de como se desenvolvían os acontecementos, teme pola súa vida e decide agocharse, primeiro en Compostela e despois en Arzúa. No seu refuxio enferma da tuberculose que lle causará a morte no ano 1950, apenas catro anos despois de ser indultado do delito de "rebelión militar" que el, obviamente, non cometera.
A conferencia de apertura correrá da man de D. Gabriele Ranzato, Profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Pisa, e durante as catro sesións que se desenvolverán ata o día 18 pasarán por Sada investigadores de primeira liña.
Ofrecémoslle o Programa Completo e máis información na ligazón asociada.
O encontro ten lugar o martes, 3 de xuño, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 18).