Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
Son 45 fotografías que recollen biografías públicas e privadas de costureiros, mariñeiros, zapateiros, escultores, mestres, intelectuais ou carpinteiros. Avelino Pousa Antelo, Consuelo Rodríguez López ‘Chelo’, Francisco Fernández del Riego ou Isaac Díaz Pardo son algunhas das biografías xa coñecidas que comparten exposición con María Teresa Alvajar, que pola súa condición de republicana estivo presa e tivo que sufrir o exilio ou Manuel Barros, fundador das Xuventudes Comunistas de Redondela, prisioneiro na illa de San Simón e que faleceu este verán.
Iniciativas para recuperar a memoria de Galiza
‘Rostros da memoria’ constitúe un acto máis para converter aos represaliados en protagonistas dun tempo no que a recuperación da memoria é unha débeda que aínda queda pendente e que a Consellaría de Cultura comezou a saldar coa celebración no 2006 do Ano da Memoria.
A exposición permanecerá aberta até o vindeiro 30 de xaneiro de 2008.
Esta exposición de fotografías pretende amosar as imaxes da represión da Guerra Civil e do Franquismo en Galicia. Os contactos das persoas que foron seleccionadas para realizar as fotos, así como os textos que levan ao pé, son unha colaboración do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces". O Investigador Principal do Proxecto, Lourenzo Fernández Prieto é, así mesmo, o autor do texto introdutorio do catálogo da exposición.
A exposición itinerante "A Illa da Memoria" continúa o seu percorrido pola comunidade autónoma e achégase nesta ocasión ao IES Terra do Xallas onde permanecerá ata o luns, 17 de decembro. A inauguración tivo o pasado mércores 5 de decembro.
A mostra recupera a historia da Illa de San Simón (Cesantes-Redondela), a través dunha colección de documentos gráficos e audiovisuais reunidos polo polo autor, Antón Caeiro. O pasado da Illa estivo vinculado ao réxime franquista que a utilizou como colonia penitenciaria entre 1936 e 1943. Máis de 6000 presos pasaron polas súas instalacións.
Dende a súa inauguración, en xullo de 2006, coincidindo coa Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, na propia Illa de San Simón, a exposición percorreu boa parte da xeografía galega.
A iniciativa está promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Esta colección realizada polo autor Antón Caeiro, compila unha serie de documentos gráficos e audiovisuais, coa fin de recordar a historia da Illa de San Simón (Cesantes-Redondela). Entre 1936 e 1943, a illa foi utilizada polas autoridades franquistas como colonia penitenciaria e campo de concentración, e por ela pasaron máis de 6000 presos de todo o estado español.
A exposición comezou a súa andadura na propia illa en xullo de 2006, coincidindo coa Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, e desde entón percorreu boa parte da nosa comunidade.
A iniciativa está promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Lembremos que no verán do 2006 esta exposición itinerante estivo a bordo do Barco da Memoria, O Hidria II, durante 52 xornadas e percorreu 18 portos do noso litoral atlántico.
Esta iniciativa está promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural