Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
A mostra "Os Mártires do Mar. A represión franquista contra os mariñeiros galegos" continúa a súa itinerancia pola xeografía galega cunha parada na vila mariñeira de Noia.
A exposición está formada por unha serie de documentos que dan conta da represión sufrida polos mariñeiros durante o franquismo, e poderá visitarse entre os días 20 e 27 de novembro no IES Virxe do Mar.
Esta iniciativa conta coa colaboración da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
A exposición itinerante 'A Illa da Memoria' chega ao IES As Insuas de Muros, nunha nova parada do seu percorrido pola xeografía galega. A mostra poderase visitar desde o martes 20 ata o 27 de novembro.
Esta colección realizada polo autor Antón Caeiro, compila unha documentos gráficos e audiovisuais, coa fin de recordar a historia da Illa de San Simón (Cesantes-Redondela). Entre 1936 e 1943, a illa foi utilizada polas autoridades franquistas como colonia penitenciaria e campo de concentración, e por ela pasaron máis de 6000 presos de todo o estado español.
A exposición comezou a súa andadura na propia illa en xullo de 2006, coincidindo coa Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, e desde entón percorreu boa parte da nosa comunidade.
A iniciativa está promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
A exposición itinerante "Os Mártires do Mar. A represión franquistacontra os mariñeiros galegos" viaxa ao festival Terr@ctiva que terá lugar no Recinto Feiral de Arzúa os días 17 e 18 de novembro.
Este festival, que celebra a súa segunda edición é unha aposta alternativa e multidisciplinar coa que se trata de concienciar á sociedade no compromiso ambiental e sustentábel.
A Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural colabora con esta iniciativa achegando a devandita exposición.
Mais información en www.terractiva.org
Na mostra, a cal é unha colectánea de documentos gráficos e mesmo audiovisuais, o autor, Antón Caeiro, recrea o pasado da Illa de San Simón (Cesantes-Redondela) como colonia penitenciaria e o maior campo de concentración de Galiza entre 1936 e 1943, ubicando as autoridades franquistas a máis de 6000 presos chegados de todo o Estado español.
Dende a súa presentación, que tivo lugar na propia illa en xullo de 2006, coincidindo coa Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, a exposición comezou unha itinerancia pola nosa comunidade que aínda continúa.
Esta iniciativa está promovida pola Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural.
Investigadores e estudosos de primeira liña participan neste novo encontro sobre a represión durante a Guerra Civil. As xornadas ´Memoria e Cidadanía´ inclúen relatorios, proxeccións audiovisuais e outras actividades de interese.
Para coñecer o Programa, pode premer na descarga asociada.