Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

O CPI Alcalde Pichel de Coristanco acolle a exposición ´A Illa da Memoria´

O CPI Alcalde Pichel de Coristanco (A Coruña) acolle a exposición "A Illa da Memoria", de Antón Caeiro, dende o 5 ao 12 de xuño.

Esta mostra evoca o tempo (1936-1943) en que a illa de San Simón foi colonia penitenciaria e campo de concentración e foi dada a coñecer ao público o pasado mes de xullo, no marco da Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, realizado na propia illa.

A Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, ten realizado convites aos diferentes centros de ensino secundario de Galiza, a fin de dirixir o esforzo de recuperación e divulgación da memoria histórica e da represión derivada do golpe de estado militar do 18 de xullo de 1936, o cal asolagou todas as ilusións democráticas da IIª República e os dereitos nacionais de Galiza.

| 4 de xuño de 2007

O IES de Melide e o IES de Pastoriza acollen as exposicións ´A Illa da Memoria´ e ´Os Mártires do Mar´

O IES de Melide acolle a exposición "A Illa da Memoria", de Antón Caeiro, dende o 8 ao 15 de maio.

Esta mostra evoca o tempo (1936-1943) en que a illa de San Simón foi colonia penitenciaria e campo de concentración e foi dada a coñecer ao público o pasado mes de xullo, no marco da Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, realizado na propia illa.

Por outra banda, o IES de Pastoriza (Arteixo) recibe, do 7 ao 14 de maio, a exposición "Os Mártires do Mar, a represión franquista contra os mariñeiros galegos", da autoría de Dionisio Pereira e levada a bordo do Barco da Memoria, O Hidria II, durante 52 xornadas e 18 portos do noso litoral atlántico.

A Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, ten realizado convites aos diferentes centros de ensino secundario de Galiza, a fin de dirixir o esforzo de recuperación e divulgación da memoria histórica e da represión derivada do golpe de estado militar do 18 de xullo de 1936, o cal asolagou todas as ilusións democráticas da IIª República e os dereitos nacionais de Galiza.

| 8 de maio de 2007

A Consellaría de Cultura e Deporte pon a disposición do IES Pintor Colmeiro de Silleda, a exposición, actualmente itinerante por centros escolares de toda Galiza, ´A Illa da Memoria´

A Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, pon a disposición do IES Pintor Colmeiro de Silleda, a exposición, actualmente itinerante por centros escolares de toda Galiza, A Illa da Memoria, a cal mostra a represión no cárcere da Illa de San Simón 1936/1943.

Lembremos que durante os primeiros meses da Guerra os edificios de San Simón foron acondicionados para funcionar baixo o eufemismo de colonia penitenciaria, ainda que na realidade era un campo de concentración para os prisioneiros de guerra. Esta foi a función que desempeñou a partir de 1936 e ata o ano 1943, albergando fundamentalmente presos galegos e das zonas próximas de Galiza pero tamén un importante continxente de presos vascos e asturianos e convictos de todo o Estado español.

A Illa da Memoria mostra documentos gráficos e visuais, fotos, oficios, listaxes daquel tempo, no que logo da sublevación militar fascista do 18 de xullo de 1936, se acabou coa legalidade do goberno republicano e multitude de demócratas das máis diversas ideoloxías, republicanos, galeguistas, socialistas, comunistas, anarquistas... foron perseguidos e privados das súas liberdades, sobre todo nunha Galiza na que non existiu un conflicto civil, senón unha cruenta represión desde 0 20 de xullo de 1936, que mesmo se prolongou até o final da ditadura franquista, durante máis de corenta anos.

A devandita exposición estará no centro de ensino do 2 ao 8 de maio e poderá ser visitada en horario lectivo.

Desde o IES Pintor Colmeiro organízase unha inauguración, que terá lugar no propio instituto, o mércores 2 de maio, ás 8 e media da tarde. Nela participarán:

- Antón Caeiro, autor e comisario da exposición. Realizador tamén do documental Aillados, sobre a memoria dos presos en San Simón.

- Matías Rodríguez da Torre, de Adellís asociación socio-cultural de Silleda e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio, que presentará o acto.

| 2 de maio de 2007

36 centros de ensino de Galiza realizan visitas guiadas á Illa de San Simón

A Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, continúa promovendo diversas actividades relacionadas coa investigación e a divulgación da memoria histórica democrática de Galiza. Trátase dunha programación que tivo o seu comezo no 2006, declarado Ano da Memoria, e que ten continuidade ao longo do presente curso escolar para render homenaxe ás vítimas da represión franquista e recoñecer o compromiso dos homes e mulleres que defenderon a democracia, as liberdades e os dereitos de Galiza.

Deste xeito, o luns 26 de marzo inícianse as visitas guiadas que un total de 36 centros de ensino secundario de Galiza realizarán á illa de San Simón (Redondela). Lembremos que a Illa, logo de ser obxecto de sentida expresión lírica, converteuse en lazareto e posteriormente en campo de concentración do ano 1936 ao 1943. A realización destas visitas ten como finalidade que os departamentos de historia e lingua e literatura galegas traballen previamente co alumnado sobre os aspectos relacionados coa historia da illa.

Ata o de agora organizáronse actos de homenaxe por todo o país, contando con colectivos socio-culturais, asociacións e comisións pola memoria, concellos e outras entidades, coa intención de popularizar con e entre a sociedade, a memoria tantas veces esquecida neste silencio de setenta anos.

A Memoria da Illa en Imaxes >>

| 24 de abril de 2007

O IES 12 de Outubro e o IES Alcalde Pichel acollen as exposicións itinerantes ´A Illa da Memoria´ e ´Os Mártires do Mar´

O IES 12 de Outubro de Ourense acolle a exposición "A Illa da Memoria", de Antón Caeiro, dende o 24 de abril ao 2 de maio.

Esta mostra evoca o tempo (1936-1943) en que a illa de San Simón foi colonia penitenciaria e campo de concentración e foi dada a coñecer ao público o pasado mes de xullo, no marco da Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, realizado na propia illa.

Por outra banda, o IES Alcalde Pichel de Coristanco recibe, do 23 ao 30 de abril, a exposición "Os Mártires do Mar, a represión franquista contra os mariñeiros galegos", da autoría de Dionisio Pereira e levada a bordo do Barco da Memoria, O Hidria II, durante 52 xornadas e 18 portos do noso litoral atlántico.

A Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, ten realizado convites aos diferentes centros de ensino secundario de Galiza, a fin de dirixir o esforzo de recuperación e divulgación da memoria histórica e da represión derivada do golpe de estado militar do 18 de xullo de 1936, o cal asolagou todas as ilusións democráticas da IIª República e os dereitos nacionais de Galiza.

| 24 de abril de 2007
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez