Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
A asociación cultural coruñesa Alexandre Bóveda celebrará os 25 anos do grupo "De Amor e Desamor" cun recital poético cada martes ás 20.30 h, na cidade da Coruña.
A Asociación Cultural O Facho ven de anunciar que entregará o galardón "O Facho de Ouro" 2009 ao escritor Xosé Neira Vilas o vindeiro 31 de xaneiro nunha homenaxe que será celebrada na Coruña.
Dito premio foi creado pola Asociación para homenaxear a galegos e galegas comprometidos coa mesma causa: no 2006 concederonllo a Isaac Díaz Pardo, no 2007 a Avelino Pousa Antelo, e no 2008 déronllo a Francisco Fernández del Riego.
A Asociación Cultural "O Facho" foi constituída no ano 1963 e, pouco antes, constituirase en Santiago de Compostela a Agrupación Cultural "O Galo". Despois fóronse constituíndo a Asociación "Amigos da Cultura", en Pontevedra, a Asociación Cultural de Vigo, a "Ricardo Lanza", en Ribadeo, outra Asociación Cultural en Ribadavia, todas elas como mostra da existenza dun movemento cultural a prol da nosa lingua e cultura como contestación á resistencia frente da cultura uniforme e imperialista do franquismo.