Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
A Asociación Memoria Histórica 28 de Agosto en colaboración co Concello de Cangas, organiza os seguintes actos co gallo da celebración do 14 de abril día da República. A programación é a que segue:
19.30 horas: Concentración na praza da constitución
20.00 horas: Memoria da República na Casa da Xuventude
A partires do luns 12 de abril a Asociación Amigos da República de Ourense inicia a programación da Festa da República.
O acto de presentación do libro Memorias. Ricardo Pérez Medin terá lugar o vindeiro sábado día
27 de febreiro, ás 12.00 horas, no “Centro Social A Rúa” de Miño (A Coruña).
As súas Memorias, editadas pola Fundación Luís Tilve, inclúen colaboracións de diversos historiadores que describen o contexto social e político da vila de Miño nos anos trinta. Coa súa presentación publica, queremos recordar a súa figura e tamén tributarlle un modesto homenaxe.
A Agrupaçom Cultural O Facho de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2009-10
Palestra
O vindouro dia 9 de Fevereiro, terça-feira (martes), Anjo Guerreiro Carreiras, intervirá dentro do ciclo, Economia, História, e Realidade Social. A sua palestra “ A involuçom do Governo de Feijoo” reflexionará sobre a actualidade política galega.
Quem nom ouviu falar de Anjo Guerreiro (Geluco), militante do Partido Comunista de Galiza desde a sua mocidade nos tempos de ignomínia, ferro e medo, que foi o franquismo. A sua militância activa e organizativa contra a tirania nacional-católica levou-no varias vezes para a cadeia. Posteriormente foi nomeado Secretário Geral do PCG. Também participou como membro da Comissom dos 16 na redacçom do actual Estatuto de Autonomia de Galiza.
Na actualidade é um dos comentaristas políticos mais lidos no País, as suas observaçons caracterizam-se pola sua profundidade de análise bem documentada.
O vindeiro martes, día 14 de abril, ás 20.00 h. inauguraremos unha nova placa (en substitución da anterior, roubada recentemente) no monumento ás vítimas da represión franquista de Sada. Prégase a maior asistenza en sinal de protesta contra os atentados de que ten sido obxecto e como homenaxe aos nosos rerpesaliados.