Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

Recuperación da Memoria Histórica

Os vindeiros días 29 e 30 de outubro celebránrase en Tui as xornadas de “Recuperación da Memoria Histórica"

As xornadas están organizadas polo colectivo Levada libre para lembrar e recuperar a memoria dos veciños tudenses e da comarca, que foron fusilados, paseados, reprimidos, represaliados e desterrados nos tristes acontecementos acaecidos na cidade de Tui no verán do 1936.

O programa das xornadas é o que segue:

Mércores 29:

19.00 h: Presentación das xornadas no Museo do Concello de Tui, en San Domingo.

19.10 h: Actuación do grupo de corda Tudense “Xorima"

19.25 h: Conferencia-coloquio a cargo de Alberto Estévez Piña "Breve historia de la guerra civil en Tui”

20.15 h: Proxección do documental “Memorial de Camposancos”, de José Ballesta de Diego

Xoves 30:

19.00 h: Actuación do cantautor Pedro Roman no Museo do Concello de Tui, en San Domingo

19.15 h: Presentación do "Proxecto de Investigación Interuniversitario “As Vítimas, os nomes, as voces e os lugares”

20.15 h: mesa redonda-coloquio

20.45 h: Actuación do canta autor Pedro Roman

21.00 h: Proxección do documental “Unha historia galega”

21.30 h: lectura de poemas e ofrenda floral no monumento “dos represaliados do 36”, na alameda de Tui. Clausura das xornadas

Levada Libre | 23 de outubro de 2008

Lugar de Memoria

A Asociación Viguesa Pola Recuperación da Memoria Histórica do 36 homeanexará o vindeiro 25 de outubro, aos 19 homes e 2 mulleres asasinados nos muros do cemiterio de Puxeiros, nun acto que leva por nome "Lugar de Memoria".

Ás 18:00 h, comezará o acto no muro do cemiterio de Puxeiros (porta de entrada)que consistirá na inauguración dunha placa acompañada dunha ofrenda floral.

Intervirán en dito acto:

Telmo Comesaña, presidente da asociación, Amante Caride, neta de asasinado, Xan Carlos Abad Gallego, historiador nado en Lavadores que falará da represión a carón daqueles muros, Berta, filla de Matilde Gonzalez, e Amalia Collazo, neta de Florencio Araujo, que falarán dos seus devanceiros represaliados, e Antonio Vázquez, membro da Asociación e memoria viva de Cabral para darnos o seu testemuño.

Todos eles estarán acompañados de Pepe A. Cáccamo, escritor e poeta, e o grupo de gaitas da A. de V. Camiño Vello.

Homenaxe aos represaliados do Val Miñor

O vindeiro sábado día 18 de outubro ás 12.00h, celebrarase un acto homenaxe aos veciños represaliados do Val Miñor que foron asasinados na Volta dos Nove na madrugada do 16 de outubro de 1936.

O acto, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos, consistirá nunha sinxela ofrenda floral no mesmo lugar do asasinato, ante á arbore de bronce que recorda a súa memoria.

Instituto de Estudos Miñoranos | 15 de outubro de 2008

O vindeiro venres día 17 de outubro, ás 20.00 h, celebrarase na Mediateca Municipal O Grilo de Cacheiras, un novo acto da Asociación Oliveira de Teo de recuperación de memoria, baixo o título de "Escola republicana versus escola fascista".

A xornada está dedicada ao papel da escola nas épocas da II República Española, e no réxime ditatorial que se instaurou despois do trunfo dos militares do exército de Franco.

Co título “Escola republicana versus escola fascista”, Anxo Serafín Porto Ucha, profesor da Facultade de Ciencias da Educación da USC, chegarase á realidade escolar destes períodos.

O profesor Porto Ucha coñece de primeira man o ensino, pois exerceu de mestre en distintos lugares do país. O seu labor investigador levouno á publicación de libros, como o que recolle a súa tese de doutoramento, La Institución Libre de Enseñanza en Galicia, que son referencia para o coñecemento da evolución do ensino no noso país ata o 1936. Tamén é autor de obras que estudan a vida e a represión dos mestres na provincia de Pontevedra (Historias de vida: o maxisterio pontevedrés na Segunda República, guerra civil e comenzos do franquismo, ou Mestras e mestres pontevedreses depurados polo franquismo : primeiras accións represivas e estudo por Concellos no sur da provincia : (1936-1942), entre outras publicacións que tocan aspectos diversos no campo do ensino.

Este novo acto enmárcase dentro das xornadas que a Oliveira dedica á recuperación de memoria, na procura de coñecer e divulgar como se concibía o ensino durante a República Española, e como o entenderon as forzas que se fixeron co poder despois da cruenta rebelión militar do 1936.

Centenario do nacemento de Foucellas

Con motivo do centenario do nacemento de Foucellas, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, a Asociación Cultural Obradoiro da Historia, de Ordes´, e a Asociación Cultural Eira Vella, de Betanzos,

organizan diversos actos os días 23, 24 e 25 de outubro para homenaxear a todas as persoas que loitaron pola liberdade e a democracia; a miles de heroes anónimos da Resistencia antifascista galega, mortos, torturados, desterrados, encadeados,

represaliados e perseguidos por defenderen a legalidade democrática da II República.

Benigno Andrade García “Foucellas”, o máis lendario e popular dos guerrilleiros antifranquistas galegos, naceu o 22 de outubro de 1908 na aldea de As Foucellas, parroquia de Cabrui, do concello de Mesía. Traballou no campo, nunha leitaría, nas minas de carbón de Fabero (O Bierzo) e nun aserradeiro de Curtis. Detivérono o 9 de marzo de 1952 en A Regueira (Oza dos Ríos) onde construíra unha cova-refuxio. Foi executado a garrote vil o 7 de agosto de 1952 no cárcere da Coruña. Os seus restos mortais repousan no cemiterio de San Amaro nunha foxa común.

As actividades comezarán en Curtis o xoves, 23 de outubro, ás 19.30h horas na Casa da Xuventude e contará coa presenza de Pepiña, filla de Foucellas.

O venres, 24 de outubro, ás 20.30h, haberá outro acto na Casa da Cultura de Ordes.

O sábado, 25 de outubro, haberá un roteiro polos lugares da guerrilla da comarca, con saída en autobús ás 15,30 horas do cárcere da Coruña e

parada en Betanzos ás 16,15 horas na praza do Campo. Ao final da xornada, ás 21 horas, haberá un acto no Liceo de Betanzos e, finalmente, unha cea.

No mes de novembro haberá en Betanzos unha semana de cine sobre a guerrilla galega antifranquista.

En todos os actos haberá unha homenaxe ás familias represaliadas, lectura

de poemas, presenza de vellos guerrilleiros, intervencións de historiadores,gaiteiros, actuación do grupo A Quenlla.

Estas actividades contan coa colaboración do Ministerio da Presidencia, Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Concellaría de Cultura do concello da Coruña, Deputación da Coruña, concellos de Ordes, Oroso,

Melide, Arzúa, Vilasantar, Mesía e Asociación Bieito Fandiño.

Pregamos a difusión do seguinte teléfono de contacto para apuntarse ao

autobús do día 25, que será gratuíto: 645029338.

 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez