Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

28 de agosto día dos Mártires de Anguieiro

O xoves 28 de agosto celebraránse os actos de homenaxe aos Mártires de Anguieiro.

Esta homenaxe, organizada pola A.C. Memoria Histórica 28 de Agosto e a Concellaría de Cultura e Deporte, contará co seguinte programa de actividades:

12.00 h. Acto institucional na Praza do Concello coa Alcaldesa e a Corporación municipal de Cangas. Palabra e Música pola Memoria

19.00 h. Ofrenda floral aos mártires de Anguieiro no Monolito Estrada Cangas.

Música e palabra pola Memoria

20.00 h. Clausura da exposición "Rostros da Memoria" no Auditorio Municipal coa asistencia do poeta e profesor universitario, Claudio Rodríguez Fer, o escritor Xosé Vázquez Pintor, o autor da mostra Xurxo Lobato, e a Conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Ánxela Bugallo.

28 de agosto día dos Mártires de Anguieiro

O xoves 28 de agosto celebraránse os actos de homenaxe aos Mártires de Anguieiro.

Esta homenaxe, organizada pola A.C. Memoria Histórica 28 de Agosto e a Concellaría de Cultura e Deporte, contará co seguinte programa de actividades:

12 h. Acto institucional na Praza do Concello de Cangas.

19 h. Ofrenda floral aos mártires de Anguieiro no Monolito Estrada Cangas.

20 h. Clausura da exposición fotográfica "Rostros da Memoria" no Auditorio Municipal de Cangas.

Este xoves, día 21, a `A.C. Memoria Histórica 28 de agosto´ ofrece en Cangas unha nova proxección do documental `A derradeira lección do mestre´

A `A.C. Memoria Histórica 28 de agosto´ de Cangas ofrece ao público dúas actividades para os vindeiros días. Este xoves, día 21, proxectaráse o documental `A derradeira lección do mestre´, no Salón de Plenos do Concello de Cangas ás 20:30 horas; Nieves Oliveira será a encargada da presentación do acto, e a continuación celebraráse un coloquio co seu autor Xoán Carlos Garrido Couceiro.

Por outra banda, o venres 22 o colectivo celebra un acto simbólico en defensa da Memoria Histórica. Neste caso o encontro terá lugar no adro da Colexiata ás 21:00 horas. As iniciativas contan coa colaboración da Concellería de Ensino e Cultura do Concello de Cangas e da Consellería de Cultura e Deporte.

::`A DERRADEIRA LECCIÓN DO MESTRE´, de X.C. Garrido Couceiro::

Argumento

Na Estrada coincidiu o 18 de xullo coa presenza como Xuíz de Instrución do Partido Xudicial da Estrada, unha figura intelectual de grande relevancia que estaba integrado no florecente desenvolvemento cultural desta comarca, ligado aos centros de ensino e aos seus mestres. Como xuíz de instrución, Fermín Bouza Brey, tiña a obriga xurídica de perseguir calquera delito do que tivera coñecemento. Como intelectual comprometido tiña a obriga política de intervir a prol da causa que profesaba. Como veciño que gardaba grande amizade coas vítimas, tiña a necesidade moral de facer todo o que estivera na súa man para salvar aos que puidera, e para iso tiña que xogar dentro das regras do novo réxime e buscar apoios para estar en posición de actuar, e tecendo unha complexa estratexia que o levaría a ser acusado nalgún momento por todos os bandos de deslealdade.

Pola contra, os mestres, os seus amigos, tiñan unha marxe de manobra moito menor, estaban baixo sospeita pola súa profesión, e cada un desde a súa situación persoal e o seu compromiso político, respondeu como mellor considerou diante do desafío a súa dignidade e as súas conviccións.

Os mestres tiñan unha obriga por enriba de calquera outra que os limitaba para adaptarse ao novo contexto. Tiñan o deber de dar exemplo e de que legar ao futuro un modelo de conduta, unha esperanza no xénero humano, en definitiva, unha lección de dignidade.

Localización

A Estrada, Vigo, Vilagarcía, Cerdedo e Pontevedra.

Acto en lembranza de Ánxel Casal na Estivada da Ribeira, en Cacheiras

A Asociación A Oliveira de Teo e a Fundación Castelao organizan, coa colaboración do Concello de Teo, o acto de lembranza de Ánxel Casal, de José Devesa Areosa, e de todas as vítimas da represión que sufriron tantos homes e mulleres republicanos deste país como consecuencia da sublevación militar do 1936. O acto ten lugar na Estivada da Ribeira, en Cacheiras o vindeiro martes, día 19 de agosto.

Como é sabido, o 19 de agosto de 1936, o mesmo día que mataron a Federico García Lorca en Granada, asasinaron nunha gabia de Cacheiras a Ánxel Casal Gonsenge, alcalde republicano de Santiago de Compostela. O seu corpo apareceu á beira do corpo doutro home, tamén veciño de Compostela, José Devesa Areosa.

Aínda que recoñecida, a importante figura de Ánxel Casal non é suficientemente coñecida. O seu papel no mundo da cultura galega, o seu papel político como activo militante do Partido Galeguista, e o seu incansable traballo de editor, levaron a Castelao a pronunciar a súa célebre e certeira frase: "Ánxel Casal fixo máis por Galicia que todos nós xuntos".

No acto deste ano farán unha breve lembranza de Casal estudosos da súa obra como editor, membros da Fundación Castelao e da Oliveira de Teo. Tamén estarán presentes familiares de Ánxel Casal e representantes do Concello de Santiago de Compostela, do Concello de Arzúa (terra orixinaria da familia de Ánxel Casal e lugar onde se refuxiou antes de que os sublevados o apresaran), e do Concello de Teo.

Este acto de lembranza, que rematará cunha ofrenda floral ao pé da pedra que lembra o lugar onde apareceu o seu cadáver, celebrarase na Estivada da Ribeira, Cacheiras, Teo, ás 20:30 horas.

Día da Galiza Mártir

Co gallo da celebración do Día da Galiza Mártir o 17 de agosto, a Fundación Alexandre Bóveda organiza como acto central do día, un xantar de homenaxe a Mª Teresa Cristina Alvajar (A Coruña, 1922). Filla de César Alvajar e Amparo López Jean, MªTeresa Alvajar pertence a unha familia de grande tradición republicana de Galicia, polo que tras o golpe de estado comeza o seu exilio por diferentes cidades instalándose en 1940 en Francia.

 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza