Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

PRESENTACIÓN DO INFORME DE PROGRESO DO PROXECTO INTERUNIVERSITARIO `AS VÍTIMAS, OS NOMES, AS VOCES E OS LUGARES´

O Proxecto de Investigación Interuniversitario As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, publica o informe de progreso cos resultados actuais do seu traballo de investigación ao redor da guerra civil e a represión franquista en Galicia, desenvolto entre xuño de 2006 e xullo de 2008.

· Máis Información >>

| 11 de xullo de 2008

Por arte de Maxia, o magos Antón, Cali, Martín Camiña e Esmorís, farán desaparecer a simboloxía franquista da Coruña

A Marcha iniciarase ás 12 da mañá na praza de Cánovas Lacruz - nun lateral de Capitanía, na Cidade Vella - onde hai unha placa que homenaxea e lembra a este militar, que era o xefe da guarnición da Coruña e que se levantou en armas contra a orde constitucional da 2ª República. Alí os participantes serán recibidos polo grupo Os Gaiteiriños. O escritor Henrique Rabuñal dará lectura a uns poemas sobre a represión franquista e a loita contra a ditadura. A praza será bautizada, simbolicamente, co nome de `Praciña do Cárcere´, pola proximidade que ten co lugar onde estaba o vello cárcere da Coruña e que hoxe ocupa o Hotel Finisterre.

Despois a comitiva pasará polo Parrote ata a praza de María Pita. Alí, diante do monumento á heroína coruñesa, haberá unha actuación musical de Xosé Taboada (frauta) e Eva Otero (violonchelo). Dous dos magos realizarán varios números de maxia; Nun deles, converterán numerosos titulares de prensa, publicados en distintos medios nos últimos anos – "A Coruña es la capital gallega con más simbología franquista", "El ayuntamiento mantendrá a Franco como hijo predilectísimo de la ciudad", "Vázquez conservará los símbolos del franquismo por su carácter histórico", "PSOE y PP se oponen a que el Pleno debata retirar símbolos franquistas", etc. - nun marabilloso titular: `A CORUÑA, POR FIN, SEN SIMBOLOXÍA FRANQUISTA´. Os magos tamén farán desaparecer un escudo franquista – ilegal desde 1981 - que hai nunha vidreira na escaleira principal do palacio municipal de María Pita.

Na praza de Millán Astray – a estatua é única en toda España - será colocado un texto coas declaracións que fixo o Mago Antón na roda de prensa de presentación da 3ª Marcha Cívica: `VIVA A INTELIXENCIA, FÓRA A IGNORANCIA´, como resposta á frase de Millán Astray: "Viva la muerte, muera la inteligencia".

Despois doutra actuación musical, os magos farán desaparecer a Millán Astray. O Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, Manuel Monge, terá unha intervención, lembrando as reivindicacións da CRMH da Coruña.

Curso de Verán da USC sobre Avilés de Taramancos e a Memoria Histórica

Os obxectivos fundamentais do curso `Avilés de Taramancos e a Memoria Histórica´ xiran en volta das diferentes etapas do poeta, inseridas no contexto histórico da xerazón da guerra e do franquismo e nos vinte anos de estadía colombiana, que son así mesmo obxecto de análise.

Esta proposta, que conta coa colaboración da Consellaría de Cultura e Deporte, vai dirixida a profesorado de todos os niveis, alumnado de Filoloxía e Historia e a todas as persoas interesadas no tema. Contará con 1 crédito de recoñecimento polas universidades galegas, e faráse entrega do diploma de asistencia. O prezo de matrícula é de 70 euros, aínda que existe unha taxa reducida (40 euros) para estudantes de calquera universidade e desempregados/as.

A formalización da matrícula pódese realizar, até o 22 de agosto, de xeito presencial e on-line, a través da web www.usc.es >

* Máis información: Nos teléfonos: 699/301 481 - 981/ 828 011 e 617/059 278, ou ben no correo electrónico: cvaviles08@gmail.com

| 27 de xuño de 2008

Éxito da estrea internacional de `O Novo Emden´ en Francia

Este 11 de xuño celebrouse en Concarneau (Francia) a estrea internacional de "O Novo Emden", unha longametraxe documental de SAGA TV coproducida pola TVG coa colaboración da Xunta de Galicia. O proxecto, dirixido por Marcos Gallego, afonda no periplo que viviron 17 homes e un rapaz a bordo dun pequeno pesqueiro. El Nuevo Emden (nome real do barco) abandonou O Grove en 1937, en plena Guerra Civil, e ó longo de 30 anos percorreu un traxecto que o levaría da Bretaña francesa ata América.

Concarneau foi a vila da bretaña francesa que acolleu o barco e os seus tripulantes e na que Jaun Aguiño, patrón do Nuevo Emden, ficaría ó longo da II Guerra Mundial, antes de continuar a súa viaxe a outra beira do Atlántico.

O Concello de Concarneau foi o principal impulsor da estrea, que se celebrou o pasado mércores 11 de xuño no Centre des Arts da vila. O documental proxectouse na súa versión orixinal en galego subtitulado en francés. Convidados polo concello bretón asistiron o director, Marcos Gallego e a guionista e documentalista do proxecto Comba Campoy, xunto con Carlos Fernández, familiar dalguns dos protagonistas da aventura, fillo de grovenses afincado en Francia e estudoso da materia, quen acompañou ó equipo nesta primeira presentación internacional do documental.

Nas vindeiras semanas, celebrarase a Feira Marítima de Brest, na que Galiza será o país convidado. O director Marcos Gallego non descarta vindeiras proxeccións de `O Novo Emden´ noutras vilas da Bretaña trala exitosa acollida do público nesta primeira experiencia no país veciño.

· A estrea na prensa francesa >>

· www.novoemden.com >>

| 16 de xuño de 2008

Máis de 300 historiadores piden a Zapatero respaldo legal para o cerdedense Dionisio Pereira

Fonte: La Voz de Galicia, Deza-Tabeirós-Montes. Rocío García. 22/05/2008.

Un total de 349 historiadores, profesores de historia e investigadores das asociacións da recuperación da memoria histórica de todo o estado acaban de remitir ás autoridades españolas un escrito solidarizándose con Dionisio Pereira. O investigador cerdedense foi denunciado pola familia do ex alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez, por publicar un traballo de investigación no que vinculaba a Gutiérrez con diversos actos de represión.

O escrito foi enviado por correo electrónico e postal ao presidente do goberno, o presidente do Congreso dos Deputados e o presidente do Senado.

Ademais de facer público o seu apoio a Dionisio Pereira, os investigadores - entre os que figura ata algún estranxeiro - esixen a aplicación e desenvolvemento da Lei da Memoria Histórica para protexer aos investigadores. Os asinantes piden que se desenvolva a disposición final primeira da lei, que habilita ao goberno a `ditar cantas disposicións sexan necesaria para o desenvolvemento e a aplicación´ da Lei da memoria. En concreto, os investigadores propoñen que se engada unha declaración de lexitimidade constitucional da libre investigación sobre a guerra civil e o franquismo, en base a fontes históricas tanto escritas como orais e sen censura previa sen ningún nome, fonte ou dato histórico.

Os asinantes do escrito consideran `incomprensible´ que os lexisladores prevexan medidas respecto ao acceso aos arquivos ou a recuperación de restos das vítimas e que se esqueceron en cambio `das persoas que están achegando de forma comprometida e desinteresada o seu rigor académico e honestidade profesional a un coñecemento máis preciso e plural da verdade histórica´.

Os historiadores advirten que non están dispostos a tolerar o tratamento `inxusto, antidemocrático e hostil cara aos historiadores de profesión´. Recordan que moitos historiadores están sendo vítimas de `acoso xudicial´ por parte das persoas que aparecen na documentación como responsables de torturas e asasinatos durante a guerra civil e a ditadura franquista.

`Calvario xudicial´

Os asinantes aseguran que a resolución caso a caso das denuncias está creando alarma entre os historiadores e dificultando o seu traballo.

* Máis recollidas da Carta pública:

· www.anosaterra.org >>

· boards2.melodysoft.com >>

· www.rebelion.org >>

· historiantes.blogspot.com >>

· www.todoslosnombres.es >>

· www.foroporlamemoria.info >>

· www.kaosenlared.net >>

· www.reporterodelahistoria.com >>

· www.memorialibertaria.org >>

· www.lahaine.org >>

· act.fresqui.com >>

· groups.msn.com >>

 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez