Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
Case un mes despois da celebración da reunión de colectivos e asociacións que tivo lugar no Centro cultural de Vilarelho da Raia (Concello de Chaves), o Congreso Internacional "A raia 1936- 1952, represión, resistencia e memoria” continúa a súa programación coa apertura das Xornadas de Antropoloxía.
En Chaves terán lugar unha serie de actos con os que se pretende analizar e estudar a área antropolóxica da que consta o congreso, co obxectivo de acadar as conclusións que servirán como orientación de cara ao estudo e recollida da memoria oral, alén de marcar unhas pautas de método para un mellor aproveitamento posterior e difusión do material recollido. Xa está pechada a programación. Para consultala, pode facer click na ligazón que segue:
Deste xeito, estanse poñendo en funcionamento iniciativas consistentes na realización de visitas guiadas á exposición sobre a represión e a resistencia en Galiza "Memorial da liberdade. A represión franquista (1936-1977)".
Asemade, poñeránse ao dispor dos escolares dúas exposicións itinerantes con formato e temática moi adecuados para a súa presentación en centros de ensino: Os mártires do mar. A represión franquista contra os mariñeiros galegos, que a bordo do Barco da Memoria recibiu de máis de 35.000 visitas durante o verán pasado e A illa da memoria, na que se pode presenciar a historia do cárcere de San Simón, na Ría de Vigo.
Xa podemos rememorar a singradura que o Hidria II realizou polas costas galegas durante o pasado verán. O Hidria II comezou a súa viaxe o 17 de xullo en Cambados e rematou o 6 de setembro en Vilagarcía de Arousa, tras recalar en 18 vilas cun grande éxito de participación.
Un encontro que quere ser lugar de reflexión e debate sobre un obxectivo que ten que comprometer á sociedade enteira: a recuperación danosa memoria democrática. Unha manchea de intelectuais e investigadores daranse cita durante tres días en Pontevedra para poñer sobre a mesa un tema de alcance histórico e de especial relevancia para a construcción do noso futuro. O congreso está aberto a todos e todas os que queiran participar tanto presentando comunicacións como asistindo aos distintos relatorios, mesas redondas e debates que o integran.
Nesta perspectiva, este congreso procurará dar cumprimento aos seguintes obxectivos:
1. Reunir investigadores universitarios e non universitarios que se caractericen por teren traballado arredor deste período, tanto en aspectos específicos como xenéricos.
2. Centrar os debates sobre todas e cada unha das circunstancias que configuraron o período 1936-1977, de maneira que este congreso se poida converter en referencia para os traballos que no futuro se realizaren sobre este período.
3. Integrar a acción nun proxecto común do Ano da Memoria, recollendo investigacións e testemuños e integrándoos no contexto internacional.
No Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, a Conselleira de Cultura e Deportes, Dona Anxela Bugallo, dou por innaugurada a principal exposición sobre represión franquista e resistencia democrática en Galiza.