Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
A Asociación 28 de Agosto de Cangas organiza como cada ano a homenaxe aos mártires de Anguieiro.
O programa é o que segue:
O sábado 14 agosto ás 13 h.- Salón de Plenos do Concello Presentación do libro ”MEMORIAS DUN MARIÑO REPUBLICANO”JOSÉ OLIVEIRA AVENDAÑO- Ed. MorganteColoquio- Nieves Oliveira (filla). A.C.Cepa.Manuel Muñiz ( Aetinape). Camilo Camaño ( A.M.H 28 de agosto)
O sábado 28 agosto ás 19 h.- Ofrenda floral aos mártires de Anguieiro (estrada de Cangas-Pontevedra)
20h.- Música e palabra pola memoria no Casa do Pobo (fronte á gasolinera de Cangas)
O próximo 17 de agosto, ás 19.30 horas, a ACC Terra de Outes organiza un novo acto de homenaxe ás vítimas do franquismo no lugar onde o ano pasado inaugurouse o Xardín da memoria, coa colocación de senllas placas cos nomes dos represaliados de Noia e Porto do Son.
O domingo 18 de abril celebraránse os actos de homenaxe a Johan Carballeira e a todos os represaliados de Bueu. O acto dará comezo ás 17.00 horas fronte ao Monumento a Johan Carballeira e continuará no Centro Social do Mar.
"Amigos da República" celebrou hoxe en Ourense a súa homenaxe anual aos republicanos ourensáns fusilados. Fíxoo ao redor da escultura-monumento no Cemiterio da capital ourensá, a carón do “Campo de Aragón”, lugar onde se fusilaba aos condenados no consello de guerra [aínda que hai que recordar que en Ourense houbo tamén moitos outros lugares onde foron asasinadas moitas persoas aqueles días de morte e odio fascista (O Cumial, Alto do Furriolo, ponte de Castrelo, curva das Revendeitas (As Gudiña/Viana)... e moitas cunetas e cruces de camiños..) ].
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña prepara os actos conmemorativos ao redor do día da República para o vindeiro día mércores 14 de abril. Un dos actos centrais será homenaxe a Luisa Viqueira Landa. Nacida na Coruña en 1918, viviu a súa nenez entre a cidade herculina e a Quinta de San Vitorio de Vixoi (Bergondo). O seu pai era o filósofo galeguista Xoán Vicente Viqueira, profesor do instituto coruñés Eusebio da Guarda, e a súa nai Jacinta Landa, pedagoga estremeña, irmá da famosa mártir antifranquista Matilde Landa, que inspirou un poema a Miguel Hernández e unha canción ao grupo Barricada.Voltou á Galiza por primeira e única vez en 1979. Despois de seis meses de estadía regresou ao exilio mexicano porque, segundo as súas palabras, “non podo voltar onde a miña vida foi truncada”. No México DF, unha activista cultural e política galega disque espera morrer pensando na súa Galiza.