Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

Actos 14 de abril día da República en Cangas

A Asociación Memoria Histórica 28 de Agosto en colaboración co Concello de Cangas, organiza os seguintes actos co gallo da celebración do 14 de abril día da República. A programación é a que segue:

19.30 horas: Concentración na praza da constitución

20.00 horas: Memoria da República na Casa da Xuventude

| 9 de abril de 2010

A Asociación Amigos da República de Ourense celebra a Festa da República

A partires do luns 12 de abril a Asociación Amigos da República de Ourense inicia a programación da Festa da República.

Presentación do libro "Memorias. Ricardo Pérez Medin"

O acto de presentación do libro Memorias. Ricardo Pérez Medin terá lugar o vindeiro sábado día

27 de febreiro, ás 12.00 horas, no “Centro Social A Rúa” de Miño (A Coruña).

As súas Memorias, editadas pola Fundación Luís Tilve, inclúen colaboracións de diversos historiadores que describen o contexto social e político da vila de Miño nos anos trinta. Coa súa presentación publica, queremos recordar a súa figura e tamén tributarlle un modesto homenaxe.

Fundación Luís Tilve | 19 de febreiro de 2010

Ciclos de palestras públicas do período 2009-10

A Agrupaçom Cultural O Facho de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2009-10

Palestra

O vindouro dia 9 de Fevereiro, terça-feira (martes), Anjo Guerreiro Carreiras, intervirá dentro do ciclo, Economia, História, e Realidade Social. A sua palestra “ A involuçom do Governo de Feijoo” reflexionará sobre a actualidade política galega.

Quem nom ouviu falar de Anjo Guerreiro (Geluco), militante do Partido Comunista de Galiza desde a sua mocidade nos tempos de ignomínia, ferro e medo, que foi o franquismo. A sua militância activa e organizativa contra a tirania nacional-católica levou-no varias vezes para a cadeia. Posteriormente foi nomeado Secretário Geral do PCG. Também participou como membro da Comissom dos 16 na redacçom do actual Estatuto de Autonomia de Galiza.

Na actualidade é um dos comentaristas políticos mais lidos no País, as suas observaçons caracterizam-se pola sua profundidade de análise bem documentada.

Agrupación Cultural O Facho | 3 de febreiro de 2010

Inauguración dunha nova placa para o monumento ás vítimas da represión franquista de Sada

O vindeiro martes, día 14 de abril, ás 20.00 h. inauguraremos unha nova placa (en substitución da anterior, roubada recentemente) no monumento ás vítimas da represión franquista de Sada. Prégase a maior asistenza en sinal de protesta contra os atentados de que ten sido obxecto e como homenaxe aos nosos rerpesaliados.

Comisión Irmáns Suárez Picallo | 14 de abril de 2009
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez