Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
Esta mostra evoca o tempo (1936-1943) en que a illa de San Simón foi colonia penitenciaria e campo de concentración e foi dada a coñecer ao público o pasado mes de xullo, no marco da Homenaxe Nacional ás vítimas da represión, realizado na propia illa.
A Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, continúa realizando actividades encamiñadas á recuperación e divulgación da memoria histórica e da represión derivada do golpe de estado militar do 18 de xullo de 1936, o cal asolagou todas as ilusións democráticas da IIª República e os dereitos nacionais de Galiza.
Durante estas datas terán lugar unha serie de palestras que teñen como obxectivo principal poñer en común os distintos proxectos sobre o estudo da represión franquista que dende distintas provincias e Comunidades Autónomas do Estado se están realizando.
De feito, a día de hoxe a investigación neste eido está moi avanzada, e en todos os proxectos se está a traballar sobre os mesmos obxectivos, máis con distintos procedementos.
O evento, que leva por título: "A memoria de Líster", contará coa presenza do editor do libro, Pedro García Bilbao, sociólogo, escritor e profesor universitario. A iniciativa da reedición deste libro partiu de Ediciones Silente
O venres 6 de xullo, no local da Sociedade Cultural e Recreativa de Calo, A Oliveira celebra esta nova xornada de recuperación de memoria histórica. O acto comezará as 9 da tarde.
Como continuación das xornadas adicadas no mes de abril ao canteiro, político comunista e militar natural da aldea de Ameneiro, da parroquia de Calo do concello de Teo, A Oliveira quérelle achegar ao público en xeral a reedición do libro de memorias que el escribiu, a edición moderna dun libro xa clásico.
O colectivo A Oliveira de Teo segue a traballar pola recuperación da Memoria Histórica, divulgando actos do noso pasado pouco coñecidos ou silenciados, e neste ano 2007 seguen ocupándose de Enrique Líster cando se cumpren 100 anos do seu nacemento.
Os Venres da Memoria continúan o 13 de xullo, á mesma hora e no mesmo lugar: A partir das 9 da tarde, Dionisio Pereira, investigador da represión franquista en Galiza; Marcos Seixo, investigador da represión en Cuntis e Xosé Luís Santos Cabanas, escritor e membro da Asociación A Oliveira de Teo debaterán sobre “A represión franquista. O dereito de saber e a liberdade de investigar”.
O venres 20 de xullo a xornada adicarase á proxección do documental "A derradeira lección do mestre". Intervirá o seu autor, Xoán Carlos Garrido.