Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

Cea homenaxe á Guerrilla Antifranquista Galega

O vindeiro sábado, día 17 de xaneiro,ás 22.00h. celebrarase unha cea de homenaxe á Guerrilla Antifranquista Galega no Hotel Finisterre da Coruña. Para asisitir á mesma cómpre efectuar a reserva no teléfono 645029338.

Esta cea realizase como remate da celebración do Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega, que terá lugar os próximos días 15, 16 e 17 de xaneiro de 2009, no Paraninfo da Universidade da Coruña (A Maestranza). Nese Congreso, participarán dezanove ponentes que tratarán temas relacionados coa guerrilla antifranquista en diferentes puntos de Galiza, ofrecendo deste xeito, diversas perspectivas do tema.

O Congreso está aberto á participación de calquera persoa, a inscrición no mesmo é de balde.

Para obter máis información pódese consultar a seguinte ligazón:

Congreso Guerrilla antifranquista

Correo-e: congresoguerrilla@memoriadacoruna.com

Exposición Irmáns Suárez

O ano 2008 foi declarado institucionalmente por parte do Concello de Sada como o ano dos Irmáns Suárez Picallo. Coa finalidade de dar a coñecer as traxectorias destes dous sadenses ilustres, Ramón e Xohán Antón, creouse unha comisión encargada de organizar unha serie de actos.

Nesta ocasión, o venres día 16 de xaneiro de 2009, inaugurase a exposición "Irmáns Suárez" está composta por diferentes paneis temáticos: dez paneis biográficos, seis dedicados ás tres grandes etapas vitais de Ramón Suárez Picallo (a infancia e a emigración a Arxentina, a II República e a Guerra Civil e o exilio), dous nos que se reflicte a súa relación emocional coa súa Sada natal, e outros dous nos que se recolle a biografía do seu irmán Xohán Antón, galeguista e agrarista asasinado no 1936.

Dita mostra permanecerá no Ateneo Ferrolán (2ª planta) até o día 30 de xaneiro de 2009.

Comisión Irmáns Suárez Picallo | 16 de xaneiro de 2009

A Asociación Arraianos presenta unha publicación sobre a represión na raia

A Asociación Arraianos presenta o sábado, día 27 de decembro ás 11.00 h un

libro coeditado coa Asociación

Alvarellos Editora, que leva por título "Represión, solidariedade e resistencia antifranquista. Homenaxe aos mártires do Furriolo".

O acto contará coas intervencións de Xosé

Luís Méndez Ferrín, autor dun dos

artigos da publicación; Carlos Pereira,

neto do Celso de Poulo, alcalde

republicano de Gomesende asasinado

polos fascistas en agosto do 36 no Alto

do Furriolo; Xulio Medela, redactor e

coordinador da sección de cinema e

audiovisual da revista Arraianos; e Aser

Álvarez, director da mesma e

coordinador da obra.

Tras dita presentación, proxectarase o material

audiovisual que acompaña a

publicación: a videocreación Noutrora,

da artista celanovesa Xudit Casas, e o

documental Homenaxe a Elixio

Rodríguez. O aviador arraiano, do vigués Afonso Fernández.

Ás 19.00 h, presentarase tamén o documental "San Salvador", de Patricia Nogueira, sobre os tempos en que o Mosteiro de Celanova serviu como prisión, coa presenza dalgúns dos seus protagonistas e colaboradores neste proxecto.

Homenaxe no "Pozo da revolta"

A “Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín”, en colaboración con diversos colectivos e institucións, levará a cabo un programa de actos a celebrar durante o mes de decembro baixo o título "Mes da Memoria".

Un dos actos previstos será a homenaxe a Carmen Pesqueira Domínguez "A Capirota" e a todos os represaliados da vila o vindeiro sábado, día 20 de decembro, ás 12.30 h. Con este motivo, inaugurarase un monolito no “Pozo da Revolta” situado en Bagüín, de cuxo texto é responsable o equipo do Proxecto de Investigación Interuniversitaria "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares". Dito acto contará coa presenza da presidenta da “Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín”, Enriqueta Otero Farto, e do catedrático de Historia Contemporánea na USC e Investigador Principal do Proxecto de Investigación Interuniversitaria “As vítimas, os nomes, as voces e os lugares”, Lourenzo Fernández Prieto.

A programación de actos dará comezo o venres, día 18, ás 20.00 h coa apertura da exposición fotográfica "Un soño truncado; República 1931-1940" instalada no Museo Manuel Torres.

O programa culminará o día 31 de decembro, a data na que foron fusilados o alcalde democrático de Marín, Antonio Blanco Solla e outros veciños desta localidade. Como ven sendo habitual nos últimos anos, procederase á colocación dunha ofrenda floral no monolito que inicia o paseo marítimo que leva o nome do alcalde fusilado, nun acto que, según la organización, pretende render homenaxe ás vítimas da represión franquista e evitar o esquecemento.

Homenaxe aos Mártires de Sobredo no seu 86 cabodano



O domingo 30 de novembro de 2008, a partir das 11.00 h, comenza o acto de homenaxe "Conmemoración do 86 Cabodano dos Mártires de Sobredo", en Sobredo-Guillarei (Tui).


Dito acto está organizado pola Confederación Galega de Asociacións Veciñais "Rosalia de Castro" e a organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego.


O acto comeza ás 11.00 h na carballeira de San Xosé, en Sobredo, para desprazarse até o monumento no que se levará a cabo a homenaxe ás 12.00 h, e que contará coa participación do historiador Isidro Román Lago. Ás 12.30 celebrarase a homenaxe ao Concello do Porriño que rematará coa ofrenda floral que contará coa actuación musical do grupo de gaitas "Os folieiros".

| 28 de novembro de 2008
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez