Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
A Illa de San Simón permanece aberta ao público desde o 12 de xullo e durante todo o verán. O anuncio realizouse o día 5 de xullo nun acto no que participou a Conselleira de Cultura e Deporte Anxela Bugallo.
O programa da xornada,`Unha rúa na súa vila´, é o que segue:
- 1º: Acto cívico ás 20 horas na Praza da Feira da Bandeira coa participación de Mariví Villaverde (viúva do autor); Xosé Neira Vilas (escritor e académico) e Luís Bará (Director Xeral de Creación e Difusión Cultural). Logo procederase á inauguración da Rúa Ramón de Valenzuela.
- 2º: Acto de homenaxe na Casa da Viña, parroquia de Manduas. Descuberta de placa conmemorativa na casa natal.
O programa da xornada,`Unha rúa na súa vila´, é o que segue:
- 1º: Acto cívico ás 20 horas na Praza da Feira da Bandeira coa participación de Mariví Villaverde (viúva do autor); Xosé Neira Vilas (escritor e académico) e Luís Bará (Director Xeral de Creación e Difusión Cultural)
Logo procederase á inauguración da Rúa Ramón de Valenzuela.
- 2º: Acto de homenaxe na Casa da Viña, parroquia de Manduas. Descuberta de placa conmemorativa na casa natal.
O día 19 de xullo - despois do Encontro Nacional da Memoria Histórica - a Consellería de Cultura e Deporte organiza na Illa de San Simón unhas xornadas que teñen como protagonistas a voz de seis mulleres que viviron o exilio. Joaquina Dorado, Mariví Villaverde, Dora Carcaño, Carmen Tagüeña Parga e Silvia Mestre Blanch participarán no encontro Mulleres con Memoria. Exilios Femininos, coordinado por Aurora Marco.
Adxuntamos o tríptico co programa máis o boletín de inscrición para remitir cuberto ao correo electrónico anodamemoria@xunta.es se quere asistir ás xornadas. O aforo é limitado e pecharase ao ser cuberto.
Alén Miño edicións convídalles á presentación do libro de Anxo Porto Ucha que leva por título `Mestres e mestras depurados polo franquismo´. O evento ten lugar o vindeiro xoves, día 17 en Pontevedra, na Sala de Conferencias (Café Moderno) de Caixagalicia, a partir das 20:00 horas.
Asistirán ao acto, ademais do autor, Guillermo Rodríguez Fernández (editor), José Mato Sanmartín (Membro do Consejo Federal de Comisiones Obreras de España, Secretario Xeral da agrupación de pensionados de Comisiones Obreras en Pontevedra e fillo do mestre Bernardo Mato Castro, vilmente morto na zona da Estrada), e Xosé Álvarez Castro (mestre e licenciado en Xeografía e Historia, membro de `Sempre con Vós´, `Cidadanía pola Verdade´ e autor do blog `Pontevedra nos anos do medo´).