Asociacións

Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados

Máis de 300 historiadores piden a Zapatero respaldo legal para o cerdedense Dionisio Pereira

Fonte: La Voz de Galicia, Deza-Tabeirós-Montes. Rocío García. 22/05/2008.

Un total de 349 historiadores, profesores de historia e investigadores das asociacións da recuperación da memoria histórica de todo o estado acaban de remitir ás autoridades españolas un escrito solidarizándose con Dionisio Pereira. O investigador cerdedense foi denunciado pola familia do ex alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez, por publicar un traballo de investigación no que vinculaba a Gutiérrez con diversos actos de represión.

O escrito foi enviado por correo electrónico e postal ao presidente do goberno, o presidente do Congreso dos Deputados e o presidente do Senado.

Ademais de facer público o seu apoio a Dionisio Pereira, os investigadores - entre os que figura ata algún estranxeiro - esixen a aplicación e desenvolvemento da Lei da Memoria Histórica para protexer aos investigadores. Os asinantes piden que se desenvolva a disposición final primeira da lei, que habilita ao goberno a `ditar cantas disposicións sexan necesaria para o desenvolvemento e a aplicación´ da Lei da memoria. En concreto, os investigadores propoñen que se engada unha declaración de lexitimidade constitucional da libre investigación sobre a guerra civil e o franquismo, en base a fontes históricas tanto escritas como orais e sen censura previa sen ningún nome, fonte ou dato histórico.

Os asinantes do escrito consideran `incomprensible´ que os lexisladores prevexan medidas respecto ao acceso aos arquivos ou a recuperación de restos das vítimas e que se esqueceron en cambio `das persoas que están achegando de forma comprometida e desinteresada o seu rigor académico e honestidade profesional a un coñecemento máis preciso e plural da verdade histórica´.

Os historiadores advirten que non están dispostos a tolerar o tratamento `inxusto, antidemocrático e hostil cara aos historiadores de profesión´. Recordan que moitos historiadores están sendo vítimas de `acoso xudicial´ por parte das persoas que aparecen na documentación como responsables de torturas e asasinatos durante a guerra civil e a ditadura franquista.

`Calvario xudicial´

Os asinantes aseguran que a resolución caso a caso das denuncias está creando alarma entre os historiadores e dificultando o seu traballo.

* Máis recollidas da Carta pública:

· www.anosaterra.org >>

· boards2.melodysoft.com >>

· www.rebelion.org >>

· historiantes.blogspot.com >>

· www.todoslosnombres.es >>

· www.foroporlamemoria.info >>

· www.kaosenlared.net >>

· www.reporterodelahistoria.com >>

· www.memorialibertaria.org >>

· www.lahaine.org >>

· act.fresqui.com >>

· groups.msn.com >>

O Concello de Concarneau e SAGA TV convídanvos á presentación internacional da longametraxe documental `O Novo Emden´

O mércores día 11 do presente mes de xuño ás 18:00 horas terá lugar no 'Centre des Arts' de Concarneau (Bretaña, Francia) a presentación internacional da longametraxe documental `O Novo Emden´.

A longametraxe, coproducida pola TVG e estreada en O Grove no pasado mes de setembro, contou cunha subvención da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura de Deporte.

* Máis información en:

· www.novoemden.com >>

| 9 de xuño de 2008

A Oliveira e a Asociación Anxel Casal lembran en Arzúa o alcalde de Carbia do 1936

Este sábado, 7 de xuño, ás 20,30 horas, a asociación A Oliveira de Teo e a asociación Anxel Casal de Arzúa, no edificio Sociocultural María Mariño de Arzúa, celebran un acto sobre o teense Benjamín Salgado Uribe, alcalde de Carbia no ano 1936, que foi veciño de Arzúa, como home libre e como home perseguido polo fascismo, durante grande parte da súa vida.

Neste acto, o público asistente poderá facerse co número dous da "Voandeira da Oliveira", monográfico dedicado a este alcalde natural de Teo, e falarán Ramón Arufe, que estudou a figura de Benjamín Salgado Uribe, e Manuel Igrexas, filósofo, profesor e historiador, que investigou a fondo a época republicana e a represión posterior ao ano 1936 na comarca do Deza.

Benjamín Salgado Uribe naceu no ano 1889 en Vilar, parroquia de Cacheiras, concello de Teo. Como tantos galegos, Benjamín coñeceu a emigración.: traballou en La Habana e percorreu América, desde os Estados Unidos até Bos Aires, traballando de xornalista.

Ao regreso a Galicia participou no rico tecido asociativo da II República e como consecuencia do trunfo do Frente Popular foi elixido alcalde. Despois da rebelión militar do 18 de xullo, o mesmo día 19 trasládase a Pontevedra, xunto con cargos sindicais e políticos do Deza, a recibir instrucións do Gobernador provincial. En vista de como se desenvolvían os acontecementos, teme pola súa vida e decide agocharse, primeiro en Compostela e despois en Arzúa. No seu refuxio enferma da tuberculose que lle causará a morte no ano 1950, apenas catro anos despois de ser indultado do delito de "rebelión militar" que el, obviamente, non cometera.

Sada acollerá o Curso de Verán `Guerra civil e represión en Galicia: O Proxecto de Investigación Interuniversitario As vítimas, os nomes e as voces´

A localidade coruñesa de Sada acollerá, do 14 ao 18 de xullo, o Curso de Verán da USC Guerra civil e represión en Galicia: O Proxecto de Investigación Interuniversitario “As vítimas, os nomes e as voces”.

A conferencia de apertura correrá da man de D. Gabriele Ranzato, Profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Pisa, e durante as catro sesións que se desenvolverán ata o día 18 pasarán por Sada investigadores de primeira liña.

Ofrecémoslle o Programa Completo e máis información na ligazón asociada.

· Máis Información >>

| 2 de xuño de 2008

Conferencia: `Os correspondentes estranxeiros na Guerra Civil española´, a cargo do historiador Paul Preston

Nesta conferencia, enmarcada na serie Os Encontros do Club Internacional de Prensa, o prestixioso historiador Paul Preston disertará do significado da Guerra Civil española como o inicio da era dos correspondentes de guerra, que durante 3 anos informaron ao mundo do que estaba a acontecer no Estado español, a través de crónicas realizadas por primeiros espadas da prensa internacional, que fixeron do xornalismo a primeira versión da historia.

O encontro ten lugar o martes, 3 de xuño, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela (rúa do Vilar, 18).

| 2 de xuño de 2008
 

Listaxe de asociacions:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez