Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
A Directiva da Agrupaçom acordou outorgar O Facho de Ouro ao homem de bem, poeta e professor Bernardino Graña Villar, como testemunha e reconhecimento a sua longa trajectória na defesa da dignidade e da cultura do País. O acto cívico será acompanhado dumha ceia homenagem que se celebrará o sábado, dia 29 de Janeiro, às 21 horas no Hotel Riaçor d’A Corunha.
Prezo por pessoa: 30 €.
Reservas, chamardes a Rafael, telefones: 981.269.663-(tardes) - 698.147.851
Correio electrónico: lobezan@yahoo.es
No mesmo dia e na lembrança dos Precursores, e Mártires; a Agrupaçom Cultural O Facho convida-o assistir à tradicional oferenda floral nos jardins de Mendes Nunes diante do monumento a Curros Henriques as 12 e ½ da manhá. Na cerimonia haverá musica de gaiteiros.
J. Alberte Corral Iglesias
Secretario d’O Facho
A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña organiza os seus ciclos de palestras públicas do período 2010-2011.
Palestra
O vindeiro dia 2 de Novembro, martes, o Profesor da Universidade de A Coruña, Carlos F. Velasco Souto falará dentro do ciclo, Língua, Literatura e Naçom. A sua charla versará sobre: “Memória e Repressom na literatura galega”
O profesor Carlos F. Velasco Souto (Tomeza, Pontevedra, 1958) é doutor en Xeografia e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor titular de Historia Contemporánea na Universidade da Coruña. Investigador especializado en temas de historia social da Galicia é autor de varios libros e numerosos artigos en revistas especializadas. As súas obras de máis relevo son: A sociedade galega da Restauración na obra literaria de Pardo Bazán (1875-1900), Pontevedra, Gráficas Portela, S. L., 1987; Agitacións campesinas na Galiza do século XIX, Santiago, Eds. Laiovento, 1995; Labregos Insubmissos, Santiago, Eds. Laiovento 2000; Galiza na II República, Vigo, Eds. A Nosa Terra, 2000; O Agrarismo Galego, Santiago, Eds. Laiovento, 2002; 1936 Represión e Alzamento militar en Galiza, Vigo, Eds. A Nosa Terra, 2006. Em colaboraçom com outros autores tem publicado La Compañía de Tranvías de A Coruña (1876-2005). Redes de transporte local, Madrid, 2006.
No ambito da reconstrución da nosa memoria histórica democrática publicou recentemente A represión franquista en Oleiros (1936-1950), Oleiros, Ed. Trifolium, 2008; e asimesmo colaborou no volume colectivo A fuxida do Portiño. Historia, memoria e vítimas, Vigo, Eds. A Nosa Terra, 2009. Dia: 2 de Novembro do 2010 - Hora: 20.00 horas Local: Fundación Caixa Galicia. Cantón Grande – A Coruña
A Asociación Cultural "Cultura Aberta" de Carral, organiza a presentación do libro "Ecos dun tempo".
A asociación cultural "cultura aberta", proxectará a película "Rocio", acompañada dunha charla coloquio que deseguido manterase co seu director Fernando Ruíz Vergara.
Fernando Ruíz Vergara, despois do seu autoexilio en Portugal, estará por primeira vez en Galicia, e será na Casa da Cultura de Carral o vindeiro venres 15 de outubro, ás 8:30 do serán.
"Cultura aberta" ofrecevos a todos/as unha oportunidade única de manter unha conversa co director de "Rocio", facéndolle todas cantas perguntas estimedes oportunas e acadando saber máis da súa vida antes e despois de dirixir este filme.
O vindeiro sábado 16 ás 18.00 horas na porta do Castelo do Castro, a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36