Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
O xoves 31 de xullo inaugúrase a mostra "Rostros da Memoria" no Auditorio de Cangas do Morrazo. A exposición está patrocinada pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e conta coa colaboración do Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares".
Este acontecemento cultural inscríbese dentro dos actos que a Asociación 28 de Agosto de Cangas ten programados para o verán, xa que é nesta data cando lembran a morte dos seus veciños no Monte Anguieiro en 1936.
Trátase dunha colección de fotografías realizadas en 2007 polo fotógrafo coruñés Xurxo Lobato, e que estiveron expostas nas capitais de Galicia, chegando agora a esta vila pontevedresa antes de que en setembro viaxe até Madrid para mostrarse na Casa de Galicia.
Entre os retratados atópanse varios veciños do Morrazo: Amancio Caamaño Caamaño, Gloria González Martínez, María do Carme Nores Graña e Dolores Rodal Blanco, xunto a outros máis doutras zonas de Galicia, todos eles represaliados ou familiares directos de persoas que perderon a súa liberdade tras o golpe de estado franquista.
RESOLUCIÓN de 24 de julio de 2008, de la Subsecretaría,
por la que se publica la concesión de subvenciones destinadas
a actividades relacionadas con las víctimas de la
guerra civil y del franquismo, convocadas por Orden
PRE/3542/2007, de 4 de diciembre.
A longametraxe documental "O Novo Emden" producida por SAGA TV coa participación da Televisión de Galicia e coa axuda da Xunta de Galicia, foi seleccionada no Festival Memorimage de Reus para o premio a mellor longametraxe.
O Festival terá lugar na cidade de Reus do 7 ao 15 de novembro de 2008, e contará cun xurado específico para este apartado composto por: Kees Bakker director do Instituto Jean Vigo de Perpignan (Francia), Paco Poch produtor cinematográfico e profesor na Universidad Pompeu Fabra e Jaume Aymí profesor da Universidad Rovira i Virgili e director do Cineclub da Facultad de Magisterio de la URV.
O vindeiro 31 de xullo inaugurase a exposición fotográfica "Os Rostros da Memoria" no Auditorio Municipal de Cangas.
Asistirán á presentación da mostra María Xesús López -Delegada Provincial de Cultura e Deporte, Xurxo Lobato -Autor da mostra-, protagonistas da exposición como Dolores Rodal, Carmen Nores e Gloria Chapela, e Camilo Camaño da Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas do Morrazo.
A mostra permanecerá na vila até o 28 de agosto.
O xoves 28 de agosto celebraranse os actos de homenaxe aos Mártires de Anguieiro.
Programa de actividades:
12 h. Acto institucional na Praza do Concello coa Alcaldesa e a Corporación municipal de Cangas.
Palabra e Música pola Memoria
19 h. Ofrenda floral aos mártires de Anguieiro no Monolito Estrada Cangas.
Música e palabra pola Memoria
20 h. Clausura da exposición "Rostros da Memoria" no Auditorio Municipal con Claudio Rodríguez Fer -poeta e profesor universitário-, Xosé Vázquez Pintor –escritor-, Xurxo Lobato –autor da mostra- e Ánxela Bugallo – Conselleira de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.