Listaxe de asociacións relacionadas coa guerra civil e os represaliados
O Proxecto de Investigación Interuniversitario As vítimas, os nomes, as voces e os lugares, publica o informe de progreso cos resultados actuais do seu traballo de investigación ao redor da guerra civil e a represión franquista en Galicia, desenvolto entre xuño de 2006 e xullo de 2008.
Despois a comitiva pasará polo Parrote ata a praza de María Pita. Alí, diante do monumento á heroína coruñesa, haberá unha actuación musical de Xosé Taboada (frauta) e Eva Otero (violonchelo). Dous dos magos realizarán varios números de maxia; Nun deles, converterán numerosos titulares de prensa, publicados en distintos medios nos últimos anos – "A Coruña es la capital gallega con más simbología franquista", "El ayuntamiento mantendrá a Franco como hijo predilectísimo de la ciudad", "Vázquez conservará los símbolos del franquismo por su carácter histórico", "PSOE y PP se oponen a que el Pleno debata retirar símbolos franquistas", etc. - nun marabilloso titular: `A CORUÑA, POR FIN, SEN SIMBOLOXÍA FRANQUISTA´. Os magos tamén farán desaparecer un escudo franquista – ilegal desde 1981 - que hai nunha vidreira na escaleira principal do palacio municipal de María Pita.
Na praza de Millán Astray – a estatua é única en toda España - será colocado un texto coas declaracións que fixo o Mago Antón na roda de prensa de presentación da 3ª Marcha Cívica: `VIVA A INTELIXENCIA, FÓRA A IGNORANCIA´, como resposta á frase de Millán Astray: "Viva la muerte, muera la inteligencia".
Despois doutra actuación musical, os magos farán desaparecer a Millán Astray. O Presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, Manuel Monge, terá unha intervención, lembrando as reivindicacións da CRMH da Coruña.
Os obxectivos fundamentais do curso `Avilés de Taramancos e a Memoria Histórica´ xiran en volta das diferentes etapas do poeta, inseridas no contexto histórico da xerazón da guerra e do franquismo e nos vinte anos de estadía colombiana, que son así mesmo obxecto de análise.
Esta proposta, que conta coa colaboración da Consellaría de Cultura e Deporte, vai dirixida a profesorado de todos os niveis, alumnado de Filoloxía e Historia e a todas as persoas interesadas no tema. Contará con 1 crédito de recoñecimento polas universidades galegas, e faráse entrega do diploma de asistencia. O prezo de matrícula é de 70 euros, aínda que existe unha taxa reducida (40 euros) para estudantes de calquera universidade e desempregados/as.
A formalización da matrícula pódese realizar, até o 22 de agosto, de xeito presencial e on-line, a través da web www.usc.es >
* Máis información: Nos teléfonos: 699/301 481 - 981/ 828 011 e 617/059 278, ou ben no correo electrónico: cvaviles08@gmail.com
Concarneau foi a vila da bretaña francesa que acolleu o barco e os seus tripulantes e na que Jaun Aguiño, patrón do Nuevo Emden, ficaría ó longo da II Guerra Mundial, antes de continuar a súa viaxe a outra beira do Atlántico.
O Concello de Concarneau foi o principal impulsor da estrea, que se celebrou o pasado mércores 11 de xuño no Centre des Arts da vila. O documental proxectouse na súa versión orixinal en galego subtitulado en francés. Convidados polo concello bretón asistiron o director, Marcos Gallego e a guionista e documentalista do proxecto Comba Campoy, xunto con Carlos Fernández, familiar dalguns dos protagonistas da aventura, fillo de grovenses afincado en Francia e estudoso da materia, quen acompañou ó equipo nesta primeira presentación internacional do documental.
Nas vindeiras semanas, celebrarase a Feira Marítima de Brest, na que Galiza será o país convidado. O director Marcos Gallego non descarta vindeiras proxeccións de `O Novo Emden´ noutras vilas da Bretaña trala exitosa acollida do público nesta primeira experiencia no país veciño.
Fonte: La Voz de Galicia, Deza-Tabeirós-Montes. Rocío García. 22/05/2008.
Un total de 349 historiadores, profesores de historia e investigadores das asociacións da recuperación da memoria histórica de todo o estado acaban de remitir ás autoridades españolas un escrito solidarizándose con Dionisio Pereira. O investigador cerdedense foi denunciado pola familia do ex alcalde franquista de Cerdedo, Manuel Gutiérrez, por publicar un traballo de investigación no que vinculaba a Gutiérrez con diversos actos de represión.
O escrito foi enviado por correo electrónico e postal ao presidente do goberno, o presidente do Congreso dos Deputados e o presidente do Senado.
Ademais de facer público o seu apoio a Dionisio Pereira, os investigadores - entre os que figura ata algún estranxeiro - esixen a aplicación e desenvolvemento da Lei da Memoria Histórica para protexer aos investigadores. Os asinantes piden que se desenvolva a disposición final primeira da lei, que habilita ao goberno a `ditar cantas disposicións sexan necesaria para o desenvolvemento e a aplicación´ da Lei da memoria. En concreto, os investigadores propoñen que se engada unha declaración de lexitimidade constitucional da libre investigación sobre a guerra civil e o franquismo, en base a fontes históricas tanto escritas como orais e sen censura previa sen ningún nome, fonte ou dato histórico.
Os asinantes do escrito consideran `incomprensible´ que os lexisladores prevexan medidas respecto ao acceso aos arquivos ou a recuperación de restos das vítimas e que se esqueceron en cambio `das persoas que están achegando de forma comprometida e desinteresada o seu rigor académico e honestidade profesional a un coñecemento máis preciso e plural da verdade histórica´.
Os historiadores advirten que non están dispostos a tolerar o tratamento `inxusto, antidemocrático e hostil cara aos historiadores de profesión´. Recordan que moitos historiadores están sendo vítimas de `acoso xudicial´ por parte das persoas que aparecen na documentación como responsables de torturas e asasinatos durante a guerra civil e a ditadura franquista.
`Calvario xudicial´
Os asinantes aseguran que a resolución caso a caso das denuncias está creando alarma entre os historiadores e dificultando o seu traballo.
* Máis recollidas da Carta pública:
· historiantes.blogspot.com >>
· www.foroporlamemoria.info >>
· www.reporterodelahistoria.com >>