Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
O vindeiro sábado 25, o Concello de Toques, o Proxecto de Investigación "Nomes e Voces" e a familia de Marcial Villamor, celebrarán un acto de homenaxe a Marcial Villamor Varela.
O programa do acto consistirá nunha ofrenda floral e inauguración dunha placa recordatorio no Campo da Feira de Vilouríz, ás 17.30 horas.
A continuación, ás 19.00 horas, Dionisio Pereira, Investigador e Coordinador do Proxecto “Nomes e Voces” impartirá a conferencia titulada: Marcial Villamor Varela, Sindicalista do Olvido, no Aula Multiusos de Toques. Colexio Vello. Praza de Souto.
LSE International History
O martes 21 de setembro, o investigador Antonio Miguez Macho (Universidad de Santiago de Compostela/ LSE), participará xunto a Paul Preston (LSE), Cathy Carmichael e Dacia Viejo Rose (University of Cambridge) na sesión de traballo "Rebel and Francoist violence during the Civil War", no marco das xornadas Violence and Memory: considering repression and resistance in Spain 1936-1952 in comparative perspective organizadas na LSE International History
A Sala de lo Penal do Tribunal Supremo ten confirmado por unanimidade o auto ditado o pasado mes de abril no que o maxistrado deste órgano Luciano Varela resolvía sentar no banquillo dos acusados ao xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón por un presunto delito de prevaricación que habería cometido ao investigar, sin ser competente para elo, as desaparicións durante o franquismo. (Fonte: El País)
Segue a nova na nosa sección de prensa xeral
A Cámara Federal de Apelaciones de Arxentina acaba de resolver que o arxentino fillo de lucense Darío Rivas Cando -entre outras persoas, asociacións e organizacións non gubernamentais- pode continuar cos trámites para que a Xustiza arxentina admita a trámite a querela criminal que presentaron pola comisión de delitos de xenocidio cometidos en España entre xullo de 1936 e xuño de 1977. (Fonte: La Voz de Galicia)
Segue a nova na nosa sección de prensa xeral
A Asociación de Historia Contemporánea fundouse co fin de promover a investigación, a ensinanza e as publicacións relacionadas coa historia contemporánea.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.