O Proxecto "Nomes e Voces" participará no X Congreso de Historia Contemporánea en Santander

A Asociación de Historia Contemporánea convoca a X edición do seu Congreso bianual, que se celebrará en Santander (Universidad de Cantabria) os días 16 e 17 de setembro.

O X Congreso de la Asociación de Historia Contemporánea Nuevos horizontes del pasado: Culturas políticas, identidades y formas de representación,  contará coa participación do equipo de investigación de "Nomes e Voces" con dúas conferencias, a primeira titulada "Vinieron por nosotros... La represión extrajudicial durante la guerra civil. El caso de Galicia", asinada polos coordinadores Emilio Grandío, Dionisio Pereira e Julio Prada. A segunda, "Fuentes para el estudio de la represión franquista en Galicia durante la guerra civil (1936-1939): los libros de registro de defunciones" é responsabilidade do director do Proxecto Lourenzo Fernández e os investigadores Andrés Domínguez e Antonio Somoza

O evento está organizado pola AHC e a Universidad de Cantabria

Gardado en Noticias 6 de setembro de 2010 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez