Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
O Proxecto "Nomes e Voces" entregou á CRMH unha listaxe cos nomes de 600 vítimas da represión franquista entre 1936-1977 dos concellos de A Coruña, Betanzos, Culleredo, Oleiros, Arteixo, Cambre, Bergondo, Abegondo, Carral e Sada.
Sesión de traballo na Université de la Manouba
O Proxecto “Nomes e Voces” incrementa os seus fondos cos nomes dos exiliados republicanos españois en Tunis, tras a súa recente viaxe á La Manouba.
Obradoiro de traballo con Bechir Yazidi
Membros do equipo de "Nomes e Voces" viaxarán a Tunis o vindeiro luns 22 de febreiro para proseguir cos traballos de colaboración co Institut Supérieur d'Histoire du Mouvement National da Université de la Manouba. A viaxe realizase no marco dun proxecto outorgado pola Agencia Española de Cooperación Internacional para el Desarrollo (AECID).

Marcial Villamor e Josefa Castiñeiras
O Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces” organiza o acto-homenaxe a Marcial Villamor Varela mañá sábado 30 de xaneiro, a partir das 17.00 horas en Santiago de Compostela.
A Consellaría de Cultura e Educación da Xunta de Galicia financiará a web do Proxecto "Nomes e Voces"
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.