Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Presentación do libro "Juan Tizón Herreros. El Pensamiento hecho palabra"

Presentación do libro "Juan Tizón Herreros. El Pensamiento hecho palabra"

Hoxe venres dia 12, as 19.00 horas na Galeria Sargadelos (Praza de España nº 2, Monforte de Lemos), terá lugar o acto de presentación do novo libro editado pola Fundación Luís Tilve titulado: "Juan Tizón Herreros. El Pensamiento hecho palabra".

 O libro recolle as obras inéditas de Juan Tizón Herreros, que foi elixido Secretario da 3ª Zona do Sindicato Nacional Ferroviario da UGT (con sede en Monforte) en outubro de 1929, sendo posteriormente Alcalde de Monforte e Vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo. Fuxido tralo alzamento militar de 1936 (vivencia que se recolle nesta obra), morrería exiliado en Oporto (Portugal) en 1945.

Gardado en Noticias 12 de novembro de 2010 | sen comentarios

Faleceu Rogelio Arca, represaliado do Cerdedo

Faleceu Rogelio Arca, represaliado do Cerdedo

Fondo Rogelio Arca. Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces"

Rogelio Arca Rivas faleceu aos 96 anos en San Martiño de Figueroa en Cerdedo (Pontevedra), de onde era natural. De profesión canteiro, combatiu co exército republicano e estivo prisioneiro no Campo de concentración en Teruel e compañía de revisión en Lugo.

O Proxecto "Nomes e Voces" cobixa un importante fondo fotográfico cedido polo propio Rogelio Arca, no que se recolle a súa estadía no campo penitenciario. Asemade, o Proxecto "Nomes e Voces" colaborou a través do historiador cerdedense e coordinador do Proxecto "Nomes e Voces", Dionisio Pereira na publicación "Álbum de guerra. Canteiros das Terras de Montes no exército republicano" (Difusora, 2008) onde se recollen notas e fotografías de Rogelio Arca acompañado pola contextualización histórica do estudo do equipo de investigación de "Nomes e Voces".

 Segue a nova na nosa sección de prensa xeral

Gardado en Noticias 9 de novembro de 2010 | sen comentarios

Camino Oslé, Vicerrectora de Proyección Social y Cultural da UPNA visitou ao Proxecto "Nomes e Voces"

Camino Oslé, Vicerrectora de Proyección Social y Cultural da UPNA visitou ao Proxecto "Nomes e Voces"

 Camino Oslé, Vicerrectora de Proyección Social e Cultural da Universidad Pública de Navarra, reuniuse esta semana co Proxecto "Nomes e Voces" coa intención de coñecer polo miúdo o traballo desenvolvido nos últimos anos en torno á  investigación da guerra civil e a represión franquista en Galicia. O seu interese parte do desexo de iniciar na UPNA un proxecto similar, para o que requiriu o asesoramento e experiencia de "Nomes e Voces".

Gardado en Noticias 7 de novembro de 2010 | sen comentarios

Proxección de "Las manos en la tierra" de Virginia Martínez

Proxección de "Las manos en la tierra" de Virginia Martínez

Hoxe mércores 27 de outubro ás 20.00 horas, no Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, proxectarase por primeira vez fóra de terras suramericanas, o documental “Las manos en la tierra” da cineasta Virginia Martínez (Montevideo, 1959), nun acto organizado polo Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, a Universidad de la República Uruguay, a Universidade de Santiago de Compostela, O CSIC e Aceituna Films.

Gardado en Noticias 27 de outubro de 2010 | sen comentarios

Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz

Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz

 O Proxecto "Nomes e Voces" está a colaborar co FORO 2010 na organización do Coloquio Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz.O lugar de celebración será o Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación (Campus Universitario Norte).

Este evento ten como obxectivo reunir durante os días 13, 14 e 15 de decembro a recoñecidos profesionais de todo o mundo, especialistas no estudo histórico e xurídico dos procesos de paz e reconciliación. Xunto ás vítimas de procesos represivos, analizarán en perspectiva as diferentes experiencias no referente á superación de conflitos bélicos e ditaduras, incidindo nas políticas transicionais levadas a cabo desde os diferentes gobernos.

Gardado en Noticias 18 de outubro de 2010 | sen comentarios
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez