Camino Oslé, Vicerrectora de Proyección Social e Cultural da Universidad Pública de Navarra, reuniuse esta semana co Proxecto "Nomes e Voces" coa intención de coñecer polo miúdo o traballo desenvolvido nos últimos anos en torno á investigación da guerra civil e a represión franquista en Galicia. O seu interese parte do desexo de iniciar na UPNA un proxecto similar, para o que requiriu o asesoramento e experiencia de "Nomes e Voces".
Acompañada por Antonio Ureta, Secretario Técnico da UPNA e Eloisa Ramírez, Directora do Departamento de Geografía e Historia da UPNA, participou o día 28 no programa que comprendeu unha xuntanza co equipo de "Nomes e Voces" na que os investigadores explicaron a metodoloxía de traballo, a recollida de materiais, así como o tratamento das distintas fontes, e unha xuntanza co Vicerreitor de Cultura da USC, F. Javier Garbayo Montabes.