Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
A Cámara Federal de Apelaciones de Arxentina acaba de resolver que o arxentino fillo de lucense Darío Rivas Cando -entre outras persoas, asociacións e organizacións non gubernamentais- pode continuar cos trámites para que a Xustiza arxentina admita a trámite a querela criminal que presentaron pola comisión de delitos de xenocidio cometidos en España entre xullo de 1936 e xuño de 1977. (Fonte: La Voz de Galicia)
Segue a nova na nosa sección de prensa xeral
A Asociación de Historia Contemporánea fundouse co fin de promover a investigación, a ensinanza e as publicacións relacionadas coa historia contemporánea.
Foi entrevistada polo Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces"

O sábado 25 de setembro, organizado polo Concello de Toques e coa colaboración do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" vaise organizar unha homenaxe a Marcial Villamor Varela.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.